Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Inorgánica 1
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Química Inorgánica 1 Código 610G01021
Titulación
Grao en Química
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Blas Varela, Andrés M. de
Correo electrónico
andres.blas@udc.es
Profesorado
Avecilla Porto, Fernando Francisco
Blas Varela, Andrés M. de
Fernandez Lopez, Alberto A.
Martínez Calvo, Miguel
Correo electrónico
fernando.avecilla@udc.es
andres.blas@udc.es
alberto.fernandez@udc.es
miguel.martinez.calvo@udc.es
Web http://(En Construcción)
Descrición xeral Historicamente o estudo da Química dividiuse en grandes Áreas de Coñecemento una das cales é a Química Inorgánica, disciplina que aborda o estudo das propiedades, estrutura e reactividade de todos os elementos e os seus compostos exceptuando os hidrocarburos e a maioría dos seus derivados así como a interpretación teórica da ligazón e as propiedades dos mesmos. Por iso dous dos trazos máis característicos da Química Inorgánica na actualidade son por unha banda a súa gran diversidade e por outro o seu carácter interdisciplinar. Da súa relevancia dá idea o feito de que esta disciplina pasa os límites puramente académicos. Así, na nosa vida cotiá hai infinidade de produtos inorgánicos que utilizamos habitualmente e moitas especies inorgánicas están implicadas en aspectos ambientais relevantes que son parte importante da vida mesma tal como coñecémola. No plan de estudos do actual Grao en Química da UDC a docencia da Química Inorgánica Xeral exponse no segundo curso a través de dúas materias: Química Inorgánica 1 e Química Inorgánica 2, materias teórico-prácticas nas que a Universidade diversifica a materia troncal Química Inorgánica. A Química Inorgánica 1 aborda o estudo dos elementos non metálicos e os seus compostos e desde un punto de vista académico das outras materias desta área de coñecemento que se imparten durante os seguintes cursos do Grao.
Plan de continxencia No caso de que a situación derivada da evolución da pandemia Covid-19 obrigue a limitar o acceso presencial ás actividades planificadas na guía docente para o curso 2020-2021 aplicarase o seguinte plan de continxencia: 1. Modificacións nos contidos: Os contidos manteranse integramente, tal e como se indican na guía. 2. Metodoloxías Metodoloxías docentes que se manteñen: Clases maxistrais: A docencia teórica que se ten previsto impartir de modo presencial de tipo híbrido pasará a impartirse totalmente de modo remoto por medio de Teams. O número de actividades propostas aos alumnos para a súa realización durante as clases de teoría incrementarase para poder manter unha avaliación continua do nivel de seguimento e comprensión. Clases de resolución de problemas As clases de resolución de problemas tamén se pasarán a realizar de modo remoto por Teams, mantendo o protagonismo dos alumnos que seguirán realizando a presentación dos exercicios proposto. Ademais pasará a ser obrigatorio enviar un pdf dos exercicios resolto antes do inicio da sesión para incorporar a cualificación á avaliación continua desta actividade, substituíndo á supervisión presencial. Traballos tutelados: Esta parte da preparación do traballo no laboratorio pódese realizar da mesma maneira que viña realizando. O traballo realizado recóllese no caderno de laboratorio e supervísase cunha tutoría previa á entrada no laboratorio, mesmo no caso de que non podamos entrar no mesmo. Proba mixta: A proba mixta manterase con características similares, adaptándoa para realizala de maneira telemática, no caso de que non se pode realizar de maneira presencial. *Metodoloxías docentes que se modifican: Prácticas de laboratorio: A metodoloxía máis afectada será a correspondente ás prácticas de laboratorio. É evidente que, se non se poden realizar de modo presencial no laboratorio, será imposible adquirir as competencias relacionadas coa manipulación de sustancias químicas, realización de operacións básicas de laboratorio, traballo con seguridade ,realización de montaxes de forma segura, etc...Por tanto esa parte deberá ser suprimida e deberemos renunciar á adquisición das competencias relacionadas co traballo no laboratorio, limitándonos a manter a parte teórica recollida nos traballos tutelados onde se realiza a planificación da práctica e substituír o diario de laboratorio por un "caderno virtual" elaborado usando vídeos e información dispoñible en internet. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: - Correo electrónico: Diariamente. Os alumnos poderán realizar consultas de todo tipo, relacionadas coa teoría ou os exercicios propostos así como para o seguimento dos traballos tutelados. - Moodle: Diariamente. Os alumnos poden expor dúbidas ou cuestións mediante o foro ou mensaxes. - Teams: Utilizarase para as clases de resolución de problemas e para a atención personalizada que pode ser a petición do alumno concertando previamente a tutoría mediante correo electrónico pero tamén se usará para o seguimento dos traballos tutelados e as prácticas de laboratorio, polo menos dúas sesións por práctica que serán convocadas polo profesor correspondente. Tamén se usará para o seguimento dos alumnos con dedicación a tempo parcial. 4. Modificacións na avaliación: As adaptacións derivan fundamentalmente da supresión das prácticas de laboratorio e da realización dun maior número de actividades asociadas ás sesións maxistrais que entran dentro da avaliación continua: Participación en clase: máximo de 1 punto Resolución de problemas: máximo de 2 puntos Traballos tutelados / Caderno de laboratorio: máximo de 2 puntos Proba mixta: máximo de 5 puntos Puntuación final será a suma do catro puntuacións anteriores. Puntuación mínima para aprobar: 5 Non presentado: alumnos que non realizasen a proba mixta *Observacións de avaliación: Para superar a materia será preciso obter polo menos o 45% da cualificación da proba mixta e o 40 % no resto das actividades. Na segunda oportunidade consérvanse todas as cualificacións excepto a da proba mixta que será substituída pola cualificación do exame na segunda oportunidade. se algún alumno non chega a 40% da cualificación nalgunha dos epígrafes restantes deberá falar co profesor para concretar que parte do traballo deberá refacer e entregar para a segunda oportunidade. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non hai modificacións
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes