Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Inorgánica 1
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Ao comezo das actividades, presentarase a materia, comentando, entre outros aspectos, a metodoloxía de traballo e os criterios que se utilizarán na avaliación do alumno.
Sesión maxistral As sesións maxistrais consistirán en clases presenciais onde se levará a cabo a exposición do temario por parte do profesor. Previamente, entregarase ao alumno, a través da plataforma Moodle, un esquema que reflicta os contidos de cada tema.
Baseándose neste e co fin de que o alumno poida aproveitar o mellor posible a clase expositiva, deberá ler na bibliografía recomendada, os capítulos relacionados co tema a tratar antes de acudir á clase.
Solución de problemas As clases de resolución de problemas, desenvolveranse en grupos reducidos de alumnos e estarán dedicadas á resolución dos boletíns de cuestións e problemas numéricos que, con suficiente antelación, terán sido publicados na páxina da materia.
Nestas clases os alumnos discutirán ante os seus compañeiros as respostas ás distintas cuestións e establecerase un debate.
Proba mixta Exame que poderá constar dunha serie de cuestións curtas, preguntas para desenvolver, problemas numéricos e preguntas de tipo test relacionados co programa da materia.
Traballos tutelados Previamente ás prácticas de laboratorio o alumno terá que realizar, sobre a base dos seus coñecementos e á revisión bibliográfica dos textos propostos, un estudo sobre os aspectos teóricos dos produtos que vai obter e dos reactivos que vai utilizar; así como sobre o traballo práctico a realizar.
Espérase que con ese traballo o alumno comprenda o proceso que se vai desenvolver e as cuestións relacionadas cos riscos asociados á práctica para o seu traballo no laboratorio sexa seguro
Esta tarefa será supervisada polo profesor mediante un mínimo dunha titoría individual.
Prácticas de laboratorio Traballo de síntese e illamento de substancias inorgánicas baixo a supervisión do profesor. O alumno debe elaborar un caderno de laboratorio, que constará de tres partes: resumo da preparación teórica previa (realizada durante os traballos tutelados), descrición detallada da execución e desenvolvemento do experimento (diario de laboratorio), e un comentario final sobre os resultados obtidos e as conclusións que se poden extraer deles.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes