Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Inorgánica 2
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Química Inorgánica 2 Código 610G01022
Titulación
Grao en Química
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Vazquez Garcia, Digna
Correo electrónico
d.vazquezg@udc.es
Profesorado
Fernandez Lopez, Alberto A.
Lopez Torres, Margarita
Martínez Calvo, Miguel
Platas Iglesias, Carlos
Vazquez Garcia, Digna
Correo electrónico
alberto.fernandez@udc.es
margarita.lopez.torres@udc.es
miguel.martinez.calvo@udc.es
carlos.platas.iglesias@udc.es
d.vazquezg@udc.es
Web http://(En construcción)
Descrición xeral Históricamente, o estudo da Química dividiuse en grandes Áreas de Coñecemento, sendo unha delas a Química Inorgánica. Esta materia trata a investigación experimental e a interpretación teórica das propiedades e reactividade de tódolos elementos da táboa periódica, así como a de todos os compostos derivados deles. Polo que podemos dicir que dous dos aspectos máis característicos da Química Inorgánica son, por unha banda, a súa grande diversidade e, por outra, o seu carácter interdisciplinar. O significado desta materia supera as fronteiras puramente académicas. Así, na nosa vida cotián, atopamos unha grande variedade de produtos inorgánicos que son comunmente empregados, destacando moitos deles pola súa importante implicación en procesos industriais e tecnolóxicos que contribúen decisivamente ao desenvolvemento da sociedade. No plan de estudos do Grao en Química da UDC, e de acordo con criterios de organización académica, o ensino da Química Inorgánica Xeral prográmase no segundo curso a través de dúas materias de carácter teórico-práctico, Química Inorgánica 1 e Química Inorgánica 2. A Química Inorgánica 2 trata o estudo sistemático e a síntese dos elementos dos grupos 13 e 14 e dos elementos metálicos, así como o estudo da síntese e propiedades dos principais compostos derivados destes elementos. Dende o punto de vista académico, asenta as bases para o estudo de materias avanzadas dentro da Área de Química Inorgánica, así como para a maioría das materias doutras áreas de coñecemento.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos No caso desta materia non hai modificacións nos contidos. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Mantéñense todas as metodoloxías docentes. Aquelas actividades que se levaban a cabo de modo presencial, pasarán a realizarse virtualmente nas plataformas de traballo empregadas pola UDC. No caso de que parte do alumnado non puidese continuar coa docencia presencial, utilizaranse medios asincrónicos (correo electrónico, gravacións das sesión expositivas, material multimedia específico...) *Metodoloxías docentes que se modifican Non hai modificacións 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Mediante o emprego de ferramentas como a Plataforma Microsoft Teams, correo electrónico institucional da UDC ou Moodle, a petición do alumno proporcionaráselle axuda titorial cando así o solicite en horario a convir. 4. Modificacións na avaliación - A avaliación será realizada empregando plataformas como Moodle, ferramentas do paquete Office 365 e/ou aplicacións dispoñibles en Internet. - Toda as actividades avaliables e o peso na cualificación das mesmas non varían. *Observacións de avaliación: 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non hai modificacións
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes