Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Inorgánica 2
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Ao comezo das actividades, presentarase a materia, comentando, entre outros aspectos, a metodoloxía de traballo e os criterios que se utilizarán na avaliación do alumno.
Sesión maxistral Actividade presencial na que se presentan os aspectos máis destacados do programa. Con todo, a pesar de ser clases expositivas, requirirase nelas a participación do alumnado. É desexable que o alumno, con anterioridade ao desenvolvemento de cada clase, teña lido na bibliografía aconsellada as partes relacionadas co tema a tratar.
Solución de problemas Clases en grupos reducidos ou moi reducidos, que están concibidas coma un conxunto de actividades nas que o alumno debe participar activamente. Estarán adicadas á resolución dos boletíns de cuestións e problemas que previamente lles foran entregados. Nestas clases os alumnos discutirán ante seus compañeiros as respostas as distintas cuestións e se establecerá un debate.
Traballos tutelados Previamente ás prácticas de laboratorio o alumno terá que levar a cabo, un estudo inicial que deberá recoller tanto aspectos preparativos como teóricos asociados aos experimentos a realizar, aplicando os seus coñecementos e apoiándose en todo momento na revisión bibliográfica dos textos propostos. Antes de comezar as prácticas de laboratorio, terá que superar unha entrevista co profesor responsable na que presentará os resultados e conclusións do seu traballo autónomo previo, co fin de determinar se o grao de coñecementos adquirido é suficiente como para que poida proceder a realizar con seguridade e aproveitamento o traballo experimental.
Prácticas de laboratorio Centrarase na síntese e illamento de substancias inorgánicas. O desenvolvemento dos experimentos en sí debe deixar patente unha actitude responsable por parte do alumno no tocante ás normas de seguridade, así como á rigorosidade e a eficiencia características do método científico. O alumno debe de elaborar un caderno de laboratorio que constará de tres partes: resumo da preparación teórica previa (realizada durante os traballos tutelados), descrición detallada da execución e desenvolvemento do experimento (diario de laboratorio), e un comentario final sobre os resultados obtidos e as conclusións que se poden extraer deles.
Proba obxectiva Durante algunhas clases de sesión maxistral ou de solución de problemas realizaranse probas intermedias de respostas curtas ou de tipo test, que axudarán, ao alumno e ao profesor a comprobar que se comprenderon os temas tratados en clases anteriores.
Proba mixta Proba escrita que constará dunha serie de cuestións de diferente natureza:
- de desenvolvemento medio-longo dun tema ou dunha parte do mesmo.
- de desenvolvemento curto sobre aspectos puntuais.
- de resolución de problemas, tanto numéricos como de aplicación lóxica dos coñecementos adquiridos.
- de elección entre respostas múltiples.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes