Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Inorgánica 2
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividade que se levará a cabo ao comezo do curso e onde se presentará a meteria comentando, entre outros aspectos, a metodoloxía de traballo e os criterios que se utilizarán na avaliación do alumno.
Sesión maxistral Actividade presencial na que se presentan os aspectos máis destacados do programa. Con todo, a pesar de ser clases expositivas, requirirase nelas a participación do alumnado. É desexable que o alumno, con anterioridade ao desenvolvemento de cada clase, teña lido na bibliografía aconsellada as partes relacionadas co tema a tratar.
Solución de problemas Clases en pequenos grupos, concibidas como un conxunto de actividades nas que o alumno debe participar activamente. Dedicaranse á resolución dos boletíns de preguntas e problemas que previamente se lles entregaron. Antes de asistir á clase e para poder participar e ser valorado nela, o alumno deberá entregar o boletín a través da plataforma en liña dispoñible para a materia. Unha vez na clase, os alumnos discutirán as respostas ás diferentes preguntas cos seus compañeiros, establecendo un debate.
Traballos tutelados Previamente ás prácticas de laboratorio o alumno terá que levar a cabo, un estudo inicial que deberá recoller tanto aspectos preparativos como teóricos asociados aos experimentos a realizar, aplicando os seus coñecementos e apoiándose en todo momento na revisión bibliográfica dos textos propostos. Antes de comezar as prácticas de laboratorio, terá que superar unha entrevista co profesor responsable na que presentará os resultados e conclusións do seu traballo autónomo previo, co fin de determinar se o grao de coñecementos adquirido é suficiente como para que poida proceder a realizar con seguridade e aproveitamento o traballo experimental.
Prácticas de laboratorio Centrarase na síntese e illamento de substancias inorgánicas. O desenvolvemento dos experimentos en sí debe deixar patente unha actitude responsable por parte do alumno no tocante ás normas de seguridade, así como á rigorosidade e a eficiencia características do método científico. O alumno debe de elaborar un caderno de laboratorio que constará de tres partes: resumo da preparación teórica previa (realizada durante os traballos tutelados), descrición detallada da execución e desenvolvemento do experimento (diario de laboratorio), e un comentario final sobre os resultados obtidos e as conclusións que se poden extraer deles.
Proba obxectiva Nalgunhas clases de Sesión Maxistral ou de Solucion de Problemas, realizaranse probas intermedias que combinan diferentes tipos de preguntas, como preguntas de elección múltiple, organización, resposta curta, discriminación, finalización e / ou asociación, que axudarán ao alumno e ao profesor a comprobar que os temas tratados nas clases anteriores foron comprendidos.
Proba de resposta múltiple Ao finalizar os contidos de cada tema nas Sesións Maxistrais, empregando plataformas como Moodle, ferramentas de paquetes de Office 365 e / ou aplicacións dispoñibles en Internet, realizarase unha proba para avaliar a aprendizaxe dos devanditos contidos. Para iso, faranse preguntas en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionen posibles solucións, das que só unha delas é válida, vendo así o grao de asimilación do alumno dos temas impartidos.
Análise de fontes documentais Metodoloxía que mediante o uso de documentos audiovisuais e / ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias actuais, fotografías, artigos, etc.) postos a disposición do estudante a través das plataformas en liña dispoñibles para a materia, axudará ao alumno a traballar contidos relevantes para a materia, con actividades deseñadas especificamente nas devanditas plataformas para a súa análise.
Proba mixta Proba escrita que constará dunha serie de cuestións de diferente natureza: de desenvolvemento medio-longo dun tema ou dunha parte do mesmo, de desenvolvemento curto sobre aspectos puntuais, de resolución de problemas, tanto numéricos como de aplicación lóxica dos coñecementos adquiridos e de elección entre respostas múltiples.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes