Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Inorgánica 4
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Química Inorgánica 4 Código 610G01024
Titulación
Grao en Química
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Rodriguez Blas, Maria Teresa
Correo electrónico
teresa.rodriguez.blas@udc.es
Profesorado
Avecilla Porto, Fernando Francisco
Bermúdez García, Juan Manuel
Martínez Calvo, Miguel
Rodriguez Blas, Maria Teresa
Rodríguez Rodríguez, Aurora
Sanchez Andujar, Manuel
Vazquez Garcia, Digna
Correo electrónico
fernando.avecilla@udc.es
j.bermudez@udc.es
miguel.martinez.calvo@udc.es
teresa.rodriguez.blas@udc.es
aurora.rodriguez@udc.es
m.andujar@udc.es
d.vazquezg@udc.es
Web
Descrición xeral DESCRICIÓN: Preparación e caracterización de compostos inorgánicos: compostos de coordinación e sólidos non moleculares. CONTEXTUALIZACIÓN: A materia encádrase no sexto semestre do Grao en Química (3º curso), e está intimamente relacionada coa materia do quinto semestre "Química Inorgánica 3". O conxunto das dúas materias constitúen o módulo "Química Inorgánica Avanzada", que pretende proporcionar unha axeitada formación ao alumnado nos ámbitos da Química de Coordinación e a Química do Estado Sólido. Preparation and characterization of inorganic compounds: Coordination compounds and non-molecular solids. CONTEXT: "Inorganic Chemistry 4" is a compulsory course in the 6th semester-3rd year of the Degree in Chemistry, and it is closely related to the "Inorganic Chemistry 3" (5th semester). Both courses will provide an adequate formation in the fields of Coordination Chemistry and Solid State Chemistry.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Os contidos mantéñense na súa totalidade. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen a) Mantéñense as sesións maxistrais. b) Mantéñense os seminarios, coa participación activa dos alumnos. c) Mantéñense as prácticas de laboratorio, que pasarán a realizarse en “Modalidade on-line”. Nesta modalidade mantéñense os traballos tutelados, e a realización dun caderno de laboratorio pero elimínanse: a presentación oral e a entrega do informe final (resumo). d) Mantense a proba mixta, so no caso de que se poida realizar nas dependencias da UDC. *Metodoloxías docentes que se modifican a) No caso de que non se poida realizar presencialmente nas dependencias da UDC, a proba mixta eliminarase na primeira oportunidade. En calquera caso, esta proba mantense na segunda oportunidade (proba oral). b) Mantéñense as prácticas de laboratorio, que pasarán a realizarse en “Modalidade on-line”. Nesta modalidade mantéñense os traballos tutelados, e a realización dun caderno de laboratorio pero elimínanse: a presentación oral e a entrega do informe final (resumo). 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Titorías e consultas por Teams e polo correo electrónico corporativo. Moodle da materia. 4. Modificacións na avaliación No caso de que a proba mixta se suprimise na primeira oportunidade (por non poderse facer presencialmente nas dependencias da UDC), a cualificación quedaría como segue: Participación en clase (15%) + Prácticas de Laboratorio (en avaliación continua) (85%). Na segunda oportunidade mantense a proba mixta que pasa a ser unha proba oral. A cualificación obterase como: proba mixta (25%) + Exame de Prácticas de laboratorio (75%) *Observacións de avaliación: O exame de prácticas de laboratorio da segunda oportunidade so o poderá realizar aquel alumnado que cursara como mínimo o 75% das horas de prácticas de laboratorio durante a avaliación continua e as suspendera. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non hai modificacións na bibliografía/webgrafía
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes