Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Inorgánica 4
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposicións orais do profesor, complementadas co uso de medios audiovisuais e coa introducción de preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Trátase de sesións "abertas" con continuo intercambio de ideas entre o profesor e os alumnos. Nestas sesións presentaranse os seis primeiros temas que figuran no apartado "Contidos".
Prácticas de laboratorio Traballo do alumno no laboratorio, baixo a tutela e supervisión do profesor. Levarase a cabo a síntese e caracterización dun composto de coordinación e dun sólido cristalino non molecular. Este traballo comprende os dous últimos temas que se recollen no apartado "Contidos".
Seminario Sesións de traballo en grupos reducidos dirixidas á resolución de problemas e cuestións relacionadas cos temas expostos nas sesións maxistrais. Servirán tamén de "feed-back" para que o profesor valore o progreso do alumnado.
Traballos tutelados Con anterioridade ao inicio das prácticas o alumno realizará un traballo académico dirixido, que consistirá na preparación dos experimentos que se realizarán no laboratorio mediante unha revisión bibliográfica.
Presentación oral Sesións en grupo nas que cada alumno deberá presentar o traballo que realizou ao longo das prácticas de laboratorio. Cada alumno disporá dun tempo reducido (5 minutos aprox.) para resumir o seu traballo. A continuación establecerase un debate coa participación de todos os alumnos do grupo.
Proba mixta Tratarase dunha proba escrita que incluirá cuestións e problemas numéricos relacionados coa materia.
Resumo O alumno deberá entregar ao final das prácticas un caderno de laboratorio e un breve informe de cada unha das prácticas, que serán corrixidos e avaliados polo profesor.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes