Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Inorgánica Avanzada
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A14 B3 C1 C2 Avaliarase a participación activa do alumno nas clases, a súa capacidade de razoamento e de argumentación fronte aos distintos aspectos tratados.
Déixase aberta a posibilidade de realizar algunha proba curta que constará principalmente de cuestións moi breves e/ou preguntas de elección múltiple sobre aspectos puntuais, ou de expor a resolución de casos prácticos a través da plataforma Moodle. Os resultados constituirán unha fonte máis de avaliación.
Este apartado evalúase en conxunto co de "Solución de Problemas".
0
Solución de problemas A1 A4 A6 A9 A10 A14 A16 B1 B2 B3 C1 C2 Avaliarase a participación activa do alumno nas clases, a súa capacidade de razoamento e de argumentación fronte aos distintos aspectos tratados.
Déixase aberta a posibilidade de realizar algunha proba curta que constará principalmente de cuestións moi breves e/ou preguntas de elección múltiple sobre aspectos puntuais, ou de expor a resolución de casos prácticos a través da plataforma Moodle. Os resultados constituirán unha fonte máis de avaliación.
Este apartado evalúase en conxunto co de "Sesión maxistral".
20
Prácticas de laboratorio A1 A4 A6 A9 A16 A17 A18 A20 A22 A23 A26 B1 B4 Avalíase, mediante unha entrevista persoal, a capacidade e rigorosidade de preparación dos aspectos máis importantes de cada práctica, tanto concernentes á parte sintética como á parte de caracterización. Avalíase tamén o traballo no laboratorio desde os puntos de vista de organización e seguridade, coñecemento do material e instrumentación e técnica do seu emprego, habilidade manual e, especialmente, a capacidade para comprender os procesos levados a cabo á luz da preparación previa. Tamén se avalía a elaboración do Caderno de Laboratorio, que constará de tres partes: resumo dos antecedentes, extraídos da preparación teórica previa, descrición detallada da execución e desenvolvemento do experimento (diario de laboratorio), e caracterización dos produtos; así como a elaboración dun informe final sobre os resultados obtidos e as conclusións que se poden extraer deles. 20
Proba mixta A1 A4 A6 A9 A10 A14 B2 B3 C1 C2 A proba escrita levará a cabo no horario aprobado en Xunta de Facultade. Constará dunha serie de cuestións e problemas relacionados co programa da materia. 60
 
Observacións avaliación

Para superar a materia o alumno terá que asistir á totalidade das clases de laboratorio e polo menos a un 80% do resto de actividades (poderase, ocasionalmente, esixir a presencialidad do alumno nalgunha actividade).
 

Os alumnos serán avaliados mediante o seguinte sistema de avaliación:
- C1: Cualificación obtida na proba mixta, ata un máximo de 6,0 puntos.
- C2: Cualificación obtida nas prácticas de laboratorio, ata un máximo de 2,0 puntos.
- C3: Cualificación obtida nas sesións presenciais, nas clases de solución de problemas e probas curtas, ata un máximo de 2,0 puntos.
- C4: Cualificación da evolución global da progresión do alumno, ata un máximo de 1,0 puntos. 

O alumno aprobará a materia se consegue un mínimo de 5 puntos na suma do tres primeiras cualificacións (C1, C2 e C3), debéndose cumprir ao mesmo tempo a condición de que superase o 45% da nota nos dous primeiros apartados (C1 e C2). Caso de que a suma (C1, C2 e C3) sexa maior de 5 puntos per no acade 45% da nota nos dous primeiros apartados (C1 e C2) a nota que figurará na acta será de 4.5 (suspenso).

A cualificación da evolución global da progresión do alumno (C4) levará a cabo unha vez efectuadas as restantes cualificacións (C1, C2 e C3), e soamente para aqueles alumnos que aprobasen a materia. No caso de que algún alumno supere, na suma total de todas as cualificacións, os dez puntos, asignaráselle a nota de 10,0 puntos.
A asistencia ás conferencias recomendadas contribuirá á alza na nota final. 

O alumno, para obter a cualificación de "Non Presentado", non poderá participar en actividades que sumen mais dun 20% da cualificacion final.
A cualificación obtida na "primeira oportunidade" (convocatoria de febreiro), en caso de ser positiva (igual ou maior que 5), é definitiva.  

No caso de non aprobar na "primeira oportunidade", o alumno terá dereito á realización dunha proba mixta na "segunda oportunidade" (convocatoria de xullo), que contará cun máximo de 6,0 puntos na nota total. Á devandita nota sumaráselle a cualificación obtida nas prácticas de laboratorio, as sesións presenciais, as clases de solución de problemas e probas curtas realizadas durante o curso, e aplicarase o baremo descrito anteriormente. Se o alumno non acadase o 45% da nota máxima no apartado de prácticas de laboratorio na primeira oportunidade, non poderá superar a materia na segunda oportunidade.

Aqueles alumnos que se acollan ao “recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia” de acordo coa normativa da UDC,
só deberán asistir de maneira obrigatoria ás clases prácticas de laboratorio. A
cualificación final para os devanditos alumnos constará de dous partes: a
cualificación obtida nas prácticas de laboratorio, que contribuirá nun 25% á
nota final e a proba mixta, que computará polo 75% restante. Estas porcentaxes
de cualificación aplicaranse ás dúas oportunidades. A cualificación de “non
presentado” outorgarase a aqueles alumnos acollidos ao mencionado réxime de
exención a condición de que non se presenten á proba mixta

Os alumnos que sexan avaliados na "segunda oportunidade" só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o curso, de acordo coa normativa académica, non se cubriu na súa totalidade na "primera oportunidade".
Todo o proceso de ensino-aprendizaxe descrita na presente guía, incluída a avaliación, refírese única e exclusivamente ao presente curso académico.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes