Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Orgánica 1
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O profesor exporá os contidos fundamentais de cada tema. As presentacións estarán dispoñibles en Moodle con anterioridade ao desenvolvemento das sesións. Coa axuda destes materiais e outros recursos bibliográficos, os alumnos deberán preparar as leccións de maneira previa á súa impartición. Incentivarase a formulación de preguntas durante a sesión ou de maneira previa ou posterior a través de e-mail.
Seminario Sesións dedicadas á resolución de problemas e cuestións coa participación activa do alumno. Os boletíns de problemas que se resolverán atoparanse dispoñibles na plataforma Moodle antes do desenvolvemento dos seminarios. Os estudantes deben traballar sobre os problemas dos boletíns antes do desenvolvemento dos seminarios.
Obradoiro Os obradoiros constitúen sesións de traballo organizadas en grupos reducidos. O profesor asignará aos alumnos a preparación dalgúns problemas, que poderán requirir a integración de contidos de diferentes temas. Os alumnos deberán elaborar e entregar a través de Moodle solucións para os problemas encomendados de maneira previa ao desenvolvemento dos obradoiros. Durante as sesións de obradoiro os alumnos exporán os problemas e responderán as cuestións que poidan xurdir.
Prácticas a través de TIC Realizaranse dúas prácticas, orientadas á utilización de ferramentas informáticas para (1) a análise e a resolución de problemas de estereoquímica e (2) a determinación estrutural de compostos orgánicos baseada na análise de espectros de RMN de 1H. Os alumnos deberán elaborar e entregar (a través de Moodle) un informe sobre cada unha das prácticas.
Proba mixta Está previsto un exame final para a avaliación obxectiva do grao de asimilación e capacidade para aplicar os contidos da materia polo alumno. A proba obxectiva incluirá cuestións e problemas análogos aos resoltos nas sesións de seminario e taller durante o curso, relacionados coa nomenclatura, estrutura, determinación estrutural, reactividade e síntese de compostos orgánicos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes