Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Orgánica 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A4 A6 A9 A10 A14 A15 A21 B2 B3 C1 Levarase a cabo durante o período de exame oficial, nas datas establecidas pola Xunta de Facultade. A proba consistirá nun exercicio escrito con problemas e temas análogos aos resoltos no seminario, no taller e nas sesións prácticas. 75
Prácticas a través de TIC A6 A9 A21 B2 B4 C3 O seguimento e participación nas prácticas contribuirá cun 5% á avaliación.
Os alumnos elaborarán un informe sobre os resultados das prácticas que contribuirá con outro 5% á avaliación.
10
Obradoiro A1 A4 A6 A9 A10 B4 B2 C1 Avaliarase a calidade das solucións escritas aos problemas encomendados, que deberán entregarse de xeito previo, así como a asistencia e participación na actividade. Durante a presentación oral avaliarase o emprego da nomenclatura axeitada para os compostos e reaccións implicadas, e a claridade e concreción das explicacións e das respostas ás cuestións que se formulen. 15
 
Observacións avaliación

A realización das prácticas é requisito imprescindible para superar a materia. Para superar a materia será preciso obter na proba mixta unha nota non inferior a 5 sobre 10. Por tanto, de non alcanzarse a puntuación mínima na proba mixta a materia figurará como suspensa, aínda que a cualificación media fose igual ou maior que 5 (nese caso a cualificación na acta será de 4,5). Os alumnos que non realizaren as prácticas nin a proba mixta recibirán a cualificación de Non Presentado.

As cualificacións das prácticas a través de TIC e dos talleres manteranse na segunda oportunidade. Por tanto, na segunda oportunidade os alumnos poderán realizar unicamente unha proba mixta, cuxa cualificación substituirá a obtida na proba mixta da primeira oportunidade. Os alumnos avaliados na segunda oportunidade só poderán optar á Matrícula de Honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se cubriu na súa totalidade na primeira oportunidade.

Os estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial seran avaliados cos criterios expostos anteriormente.

Os estudantes con dispensa académica están exentos da asistencia aos
talleres (15% da cualificación global) e poderán ser avaliados únicamente
mediante as prácticas a través de TIC e a proba mixta, tanto na primeira como na
segunda oportunidade. Para os alumnos que se acollan a dispensa de asistencia
aos talleres, a proba mixta contribuirá ao 90% da cualificación global. A
realización das prácticas de laboratorio é requisito imprescindible para
superar a materia e facilitarase na medida do posible, dentro da flexibilidade
que permitan os horarios de coordinación e os recursos materiais e humanos. No
caso de circunstancias excepcionais, obxetivables e adecuadamente xustificadas, o coordinador de QO1 podería eximir a algún estudante de concorrer ao proceso de avaliación continua das prácticas a través de TIC. O
estudante que se atopase nesta circunstancia deberá superar un exame específico
que non deixe dúbidas sobre a consecución dos coñecementos, habilidades e
competencias propias da materia (correspondente ao 100% da cualificación).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes