Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Orgánica 2
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio O alumno realizará no laboratorio procedementos experimentais relacionados cos contidos teóricos das materias Química Orgánica 1 e Química Orgánica 2, que lle permitiran adquirir destrezas nas técnicas de preparación, separación, purificación e determinación estrutural dos produtos orgánicos. Durante as prácticas o alumno deberá elaborar un cuaderno de laboratorio, onde recollerá os cálculos estequiométricos, os procedementos de reacción e de elaboración, a interpretación dos datos espectrales e as respostas ás cuestións expostas nos guións.
Sesión maxistral Nas sesións maxistrais o profesor desenvolverá os contidos fundamentais do programa mediante explicacións teóricas e exemplos prácticos. Os guións dos contidos e/ou as presentacións atoparanse dispoñibles na web da materia (moodle) con anterioridade ao desenvolvemento das leccións. Coa axuda destes materiais e outros recursos bibliográficos, os alumnos deberán preparar as leccións de maneira previa á súa impartición. Incentivarase a participación dos alumnos, coa intención de que se formulen preguntas ou e-mails ao profesor antes ou despois da lección.
Seminario Ao final de cada tema haberá seminarios onde se resolverán exercicios. Os exercicios a resolver estarán dispoñibles na páxina web do tema (moodle) antes do desenvolvemento dos seminarios. Os estudantes deben traballar sobre os problemas dos boletíns antes do desenvolvemento dos seminarios. Proporase a resolución dun cuestionario en Moodle e o uso da plataforma BACON.
Obradoiro Os talleres constitúen sesións de traballo organizadas en grupos reducidos, onde os alumnos exporán oralmente (con apoio gráfico na pizarra) algúns problemas dos boletíns, sobre os que deberán elaborar previamente solucións escritas que deberán entregar ao profesor antes do inicio das sesións.
Proba mixta Co propósito de avaliar a adquisición de coñecementos e competencias realizarase unha proba final (de acordo co calendario establecido no Centro) onde os alumnos deberán resolver cuestións e problemas sobre os contidos da materia, que serán análogos aos expostos durante as sesións presenciais (seminarios, obradoiros e prácticas de laboratorio)
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes