Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Orgánica 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A1 A9 A17 A19 A20 A23 A26 B3 B4 B7 C1 A realización das prácticas é necesaria para aprobar a materia. A avaliación das prácticas será continua e valoraránse as destrezas experimentais, o traballo realizado no laboratorio e o caderno de laboratorio.
15
Obradoiro A1 A6 A9 A10 A14 A15 A21 B2 B3 B4 B7 C1 A avaliación dos talleres será continua e valorarase a calidade das exposicións orais e as solucións escritas aos problemas encomendados. Prestarase especial atención ao uso da nomenclatura adecuada para grupos funcionais e mecanismos de reacción, así como á claridade e especificidade das explicacións e respostas ás preguntas suscitadas nas sesións.

20
Seminario A1 A4 A6 A9 A10 A14 A15 A21 B2 B3 B7 Valorarase a resolución dos exercicios, así como a formulación de preguntas antes ou despois do desenvolvemento das clases e seminarios. En particular, o seguimento do tema a través das plataformas moodle e BACON mediante a realización de cuestionarios.

10
Proba mixta A1 A4 A6 A9 A10 A15 A21 B2 B3 C1 Co propósito de avaliar a adquisición de coñecementos e competencias realizarase unha proba final (de acordo co calendario establecido no Centro). Nesta proba exporanse problemas e cuestións relativas aos contidos da materia, análogos aos realizados durante as sesións presenciais durante o curso.


55
 
Observacións avaliación

1.     A
realización das prácticas de laboratorio é requisito imprescindible para
superar a materia.

2.     Para
aprobar a materia será preciso obter no conxunto das actividades evaluables
unha calificación mínima de 5 e na proba mixta unha nota mínima de 4.5.

3.     A cualificación de non presentado aplicarase os/as estudiantes que teñan participado en actividades avaliables programadas que representen menos do 20% da cualificación final.

4.     As
cualificacións das prácticas de laboratorio e dos talleres da 1ª oportunidade
manteranse na 2ª oportunidade. Por tanto, na 2ª oportunidade os alumnos poderán
realizar unicamente unha proba mixta, cuxa cualificación substituirá á obtida
na proba mixta da 1ª oportunidade.

5.     Os
alumnos avaliados na 2ª oportunidade só poderán optar á Matrícula de Honra se o
número máximo destas para o correspondente curso non se cubriu na súa
totalidade na 1ª oportunidade.

6.     Os
estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou
dispensa académica de exención de asistencia serán avaliados mediante as
prácticas de laboratorio e a proba mixta (dispénsaselles de asistencia aos
talleres, correspondente ao 15% da cualificación global). Por tanto, na 1ª e na
2ª oportunidade, os talleres serán avaliados mediante a proba mixta, que
representará o 85% da cualificación global.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes