Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Ampliación de Química Orgánica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A1 A4 A6 A9 A10 A14 A15 A21 B2 B3 B4 C1 C8 Avaliarase a participación activa dos alumnos na análise e a resolución dos problemas expostos polo profesor, así como a formulación de preguntas durante as sesións interactivas ou antes e despois do desenvolvemento das mesmas mediante e-mail. 25
Proba mixta A1 A4 A6 A10 A15 A21 B2 B3 B4 C1 Exame final escrito, onde os alumnos deberán resolver en tempo limitado e sen materiais de apoio problemas análogos aos expostos durante as clases de seminario e presentación oral. 70
Sesión maxistral A1 A4 A6 A9 A10 A25 B4 B3 C1 C8 Avaliarase a participación activa dos alumnos mediante a formulación de preguntas ou mediante e-mail antes ou despois das sesións expositivas. 5
 
Observacións avaliación
<p>A avaliación mediante a proba mixta (en primeira ou segunda oportunidade) contribuirá ao 70% da cualificación final. A este respecto, a cualificación obtida na segunda oportunidade (xullo) substituirá á obtida na primeira oportunidade (febreiro). O control da asistencia e a avaliación continua (do traballo realizado nas sesións maxistrais, seminarios e presentacións orais e mediante a valoración das solucións por escrito aos boletíns de problemas) contribuirán ao 30% da cualificación final. A cualificación obtida na avaliación continua durante o curso poderá conservarse na segunda oportunidade (xullo).</p><p>Para obter a cualificación de APTO será necesario (1) alcanzar o 40% da puntuación das probas mixtas e (2) alcanzar o 50% da puntuación global. Os alumnos que non participen en actividades que sumen mais dos 25% da cualificación final serán cualificados como NON PRESENTADO. Os alumnos que realicen máis do 25% das actividades presenciais e tras presentarse ás probas obxectivas non alcancen o 40% da puntuación nas mesmas ou o 50% da puntuación global recibirán a cualificación de NON APTO.<br />De acordo coa recomendación da Comisión de Calidade da Facultade de Ciencias, as Matrículas de Honra concederanse aos alumnos que alcancen as máximas cualificacións na primeira oportunidade. Os alumnos avaliados na segunda oportunidade só poderán optar a Matrícula de Honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se cubriu na súa totalidade na primeira oportunidade. </p><p>No caso de alumnado con recoñecemento de decicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, o Profesor Responsable podería eximir total ou
parcialmente de concorrer ao proceso de avaliación continuada. O alumando
que se atopara nesta circunstancia deberá superar un exame específico
que non deixe dúbidas sobre a consecución das competencias propias da
materia nas duas oportunidades. </p>
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes