Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Experimentación en Química Orgánica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A9 A10 A15 A20 A23 A26 B2 B3 B4 C1 C3 Nos traballos tutelados avaliarase o traballo previo realizado de maneira autónoma polo alumnado e tamén o seguimento e a participación activa durante as entrevistas previas á realización de cada práctica. 40
Prácticas de laboratorio A1 A4 A9 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A26 B2 B3 B4 C1 Levarase a cabo unha avaliación continua do traballo no laboratorio onde se terá en conta o interese e dedicación do alumno, a adecuada planificación e organización do traballo, o respecto ás normas de seguridade e a destreza alcanzada nas operacións de laboratorio. A cualificación desta parte incluirá a avaliación do caderno de laboratorio.

30
Proba mixta A1 A4 A9 A10 A15 A18 A19 A20 A21 A22 A23 B2 B3 B4 C1 Prográmase unha proba mixta, na que o alumno deberá explicar por escrito como levaría a cabo unha experiencia similar ás prácticas realizadas no laboratorio. A partir dos datos fornecidos no enunciado (descrición e cantidades dos materiais de partida e estrutura dos produtos a sintetizar) terá que: (1) realizar todos os cálculos necesarios, (2) propor procedementos experimentais adecuados para a preparación e purificación de compostos, (3) describir as montaxes requiridas e (4) propor mecanismos de reacción que permitan explicar os procesos implicados.

30
 
Observacións avaliación

A asistencia á sesión de
presentación, as prácticas de laboratorio, ás entrevistas e ao exame son
obrigatorias. Para superar a materia será necesario obter unha cualificación
media maior ou igual a 5 puntos sobre 10 e un rendemento mínimo do 30% en cada
unha das actividades. Os alumnos cuxo rendemento medio supere 4,9 puntos e que
non alcancen o rendemento mínimo nalgunha das actividades, serán avaliados como
"non aptos" e recibirán a cualificación de 4,9. Só outorgarase a
cualificación de "non presentado" aos alumnos que realizasen menos do
25% do total das actividades avaliables que se programan na guía docente.

As cualificacións obtidas nas entrevistas e nas prácticas de
laboratorio manteranse na segunda oportunidade de xullo de 2021. Na segunda
oportunidade, os estudantes que non superaren a avaliación continua do traballo
práctico no laboratorio deberán realizar un examen práctico no laboratorio. Os
estudantes que superaren a avaliación continua do traballo práctico no
laboratorio deberán realizar unha proba mixta escrita para establecer o 30% da
nota. De acordo coa normativa académica, os estudantes avaliados na
segunda oportunidade, só poderán optar a Matrícula de Honra se o número máximo
destas non se completou na primeira oportunidade.

O proceso de ensino e aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese
a un ano académico e comeza con cada ano académico, incluíndo todas as
actividades e procedementos de avaliación programados para ese curso. 

No caso de alumnado con recoñocemento de dedicación a tempo
parcial e despensa académica de exención de asistencia, o Profesor Responsable
podería eximir total ou parcialmente a algún membro do alumnado de concorrer ao
proceso de avaliación continuada. O alumando que se atopara nesta circunstancia
deberá superar un examen específico que non deixe dúbidas sobre a consecución
das competencias propias da materia nas duas oportunidades.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes