Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Orgánica Avanzada
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Consistirá en presentar ao alumno unha introdución da materia e explicar as tarefas que ten que realizar ao longo do curso así como as metodoloxías, os métodos de avaliación e a bibliografía máis importante.
Levarase a cabo o primeiro día de clases
Sesión maxistral Proponse levar a cabo 25 sesións de clases maxistrais en grupo único onde desenvolveranse os contidos teóricos da materia acompañados dos correspondentes exemplos ilustrativos. Consistirá maioritariamente en presentacións de Power Point. Os alumnos terán, con suficiente antelación, as copias das correspondentes presentacións a través da aplicación Moodle da materia, co fin de que o alumno poida preparar previamente a materia que se vai a impartir ademais de facilitar o seguimento das explicacións. Fomentarase en todo momento a participación interactiva do alumno.
Solución de problemas Proponse levar a cabo 9 sesións de seminarios de problemas de grupo reducido onde os alumnos resolverán os problemas expostos polo profesor nos boletíns correspondentes. Os alumnos disporán con suficiente antelación dos devanditos boletíns a través da aplicación Moodle da materia para que os elaboren individualmente antes do inicio destas clases. Utilizaranse tamén para resolver as dúbidas que vaian xurdindo ao dar o temario.
Prácticas de laboratorio Proponse levar a cabo 3 sesións de traballo nos que o alumno terá que realizar os experimentos programados. Os alumnos disporán con suficiente antelación do guión e da información dos devanditos experimentos a través da aplicación Moodle da materia coa finalidade de podan preparla individualmente antes do inicio das prácticas. O alumno terá que demostrar antes de entrar no laboratorio o seu grao de coñecemento do experimento. O seu desenvolvemento deberá de plasmalo nun caderno de laboratorio que terá que entregar finalizada as prácticas.
Proba mixta O alumno terá que realizar por escrito un exame final na data fixada no calendario de exames aprobado na Xunta de Facultade onde se avaliará de forma global o nivel de coñecementos e competencias adquiridos polo alumno. Adicionalmente terá un exame parcial que non é obligatorio e que ten carácter eliminatorio, de tal forma que o alumno que pase dita proba non terá que examinarse desa parte no exame final.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes