Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Laboratorio de Química 2
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Na primeira sesión levaráse a cabo unha presentación xeral da materia: obxectivo, contidos e organización da materia. En sesións posteriores explicaranse as nocións básicas de instrumentación, calibración, e fundamentos de espectrometría de masas.
Seminario Aspectos xerais da utilización das técnicas de determinación estrutural.

Obradoiro Resolución de casos prácticos de determinación estrutural. Resolveranse os problemas propostos, elaborando estratexias que requiran a integración de datos procedentes das distintas técnicas espectroscópicas para a elucidación estrutural. Emprego de programas informáticos para a estimación de datos de RMN. De maneira previa ao desenvolvemento dalgunhas sesións, os alumnos deberán elaborar e entregar (a través de Moodle) solucións para algúns dos problemas propostos.
Prácticas de laboratorio Os alumnos levarán a cabo a preparación, a separación e a determinación estrutural de compostos (no Laboratorio de operacións estándar) e empregarán técnicas electroquímicas e espectroscópicas para a determinación experimental de propiedades de compostos (no Laboratorio de caracterización fisicoquímica). En ambos os Laboratorios o alumno desenvolverá as experiencias programadas e será necesaria a elaboración de informes de laboratorio que inclúan os datos obtidos e a súa discusión, así como as respostas ás cuestións expostas para profundar na comprensión dos experimentos realizados. A entrega dos informes das prácticas de operacións estándar realizarase a través de Moodle.
Proba práctica Realización dunha proba práctica e de resolución de cuestións no laboratorio, acerca dos contidos das prácticas de caracterización fisicoquímica. Os alumnos disporán dunha oportunidade adiantada para realizar a proba práctica, durante o período lectivo, unha vez completasen as prácticas de caracterización fisicoquímica
Proba mixta Constará de problemas de elucidación estrutural a partir de datos espectrométricos e/ou espectroscópicos, análogos aos resoltos durante os seminarios e talleres
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes