Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Laboratorio de Química 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A1 A7 A10 A12 A14 A16 A17 A19 A20 A21 A23 A26 B3 B4 C1 Valorarase a organización, a actitude e a actividade desenvolvida nas sesións de laboratorio, así como os correspondentes informes de laboratorio, que deberán ser entregados para a súa avaliación 40
Proba mixta A1 A9 A14 A15 B2 B3 A proba mixta constará de problemas de elucidación estrutural a partir de datos espectrométricos e/ou espectroscópicos análogos aos realizados durante as sesións de seminario e obradoiro.

30
Proba práctica A1 A7 A14 A15 A17 A19 A20 A21 A23 A26 B2 B3 B4 Realización dunha proba práctica no laboratorio, sobre a determinación dalgunha propiedade fisicoquímica básica e a resolución de cuestións sobre as prácticas de caracterización fisicoquímica. Realizarase en cada grupo ao finalizar as sesións das prácticas de caracterización fisicoquímica.
20
Obradoiro A1 A9 A14 A15 A16 A21 B2 B3 B4 C1 C3 Valorarase a actitude e o traballo realizado polo alumno durante as sesións de resolución de problemas. Tamén se avaliarán as solucións e informes elaborados de maneira non presencial
10
 
Observacións avaliación

Laboratorio de Química 2 é unha materia experimental polo que a asistencia a todas as actividades presenciais e avaliables é obrigatoria e necesaria para superar a materia. Para aprobar a materia será preciso obter nos talleres, na proba mixta, na proba práctica e nas prácticas de laboratorio (tanto nas de operacións estándar como nas de caracterización fisicoquímica) unha puntuación igual ou superior a 4 (sobre 10) e conseguir, sumadas as cualificacións de todas as actividades avaliables, unha nota mínima de 5 sobre 10. Por tanto, de non alcanzarse a puntuación mínima nalgunha das actividades, a materia figurará como suspensa, aínda que a cualificación media fose igual ou maior que 5 (nese caso a cualificación na acta será de 4,5).

Os alumnos recibirán a cualificación de non presentado se a súa participación nas actividades presenciais é inferior á que permitiría acceder ao 25% da avaliación global. Os alumnos que non alcancen a nota mínima na oportunidade adiantada da proba práctica deberán repetir dita proba na primeira ou na segunda oportunidade.

No que respecta á segunda oportunidade de avaliación: (1) As cualificacións das probas práctica e mixta da segunda oportunidade substituirán ás obtidas nas probas da primeira oportunidade. (2) A cualificación dos talleres poderase conservar na segunda oportunidade ou, de maneira alternativa, como parte final da proba mixta da segunda oportunidade os alumnos poderán realizar un exercicio avaliable con actividades análogas ás desenvolvidas nos talleres durante o curso. (3) As cualificacións das prácticas de laboratorio obtidas na primeira oportunidade (tanto a das prácticas de operacións estándar como a correspondente as prácticas de caracterización fisicoquímica) conservaranse na segunda oportunidade de avaliación. (4) O alumnado avaliado na segunda oportunidade só poderá optar á Matrícula de Honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se cubriu na súa totalidade na primeira oportunidade.

O proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico completo e, por tanto, volverá comezar cun novo curso académico, incluídas todas as actividades e procedementos de avaliación que se programen para devandito curso.

Os alumnos con dedicación a tempo parcial serán avaliados cos criterios expostos anteriormente. Os estudantes con dispensa académica de exención de asistencia ou de modalidades específicas de aprendizaxe ou de apoio á diversidade poderán ser avaliados unicamente mediante as prácticas de laboratorio (de operacións estándar e de caracterización fisicoquímica), a proba práctica e a proba mixta, tanto na primeira como na segunda oportunidade (disporán de dispensa de asistencia aos talleres, correspondente ao 10% da cualificación global). Para os alumnos que se acollan a dispensa de asistencia aos talleres, a proba mixta contribuirá ao 40% da cualificación global. A realización das prácticas de laboratorio é requisito imprescindible para superar a materia e facilitarase na medida do posible, dentro da flexibilidade que permitan os horarios de coordinación e os recursos materiais e humanos. No caso de circunstancias excepcionais, objetivables e adecuadamente xustificadas, o profesor responsable podería eximir total ou parcialmente a algún estudante de concorrer ao proceso de avaliación continua das prácticas de laboratorio. O estudante que se atopase nesta circunstancia deberá superar un exame específico que non deixe dúbidas sobre a consecución dos coñecementos, habilidades e competencias propias da materia (correspondente ao 100% da cualificación).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes