Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Enxeñaría Química
   Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Introdución a Enxeñaría química. Concepto de Enxeñaría química. Exemplos significativos de procesos da industria química. Definicións de uso xeral: operación (non) continua, estado (non) estacionario, etapas de equilibrio, contacto entre fases, etc.
Tema 2. Fundamentos das operacións unitarias. Clasificación das operacións unitarias. Operacións unitarias controladas pola transferencia de materia, a transmisión de calor, a transferencia simultánea de materia e calor, o transporte de cantidade de movemento. Exemplos significativos de operacións unitarias e descrición de equipos.
Tema 3. Fenómenos de transporte. Transporte de materia. Transmisión de enerxía calorífica. Transporte de cantidade de movemento. Fundamentos de reoloxía. Viscosidade. Leis básicas e analogía entre as leis e fenómenos de transporte. Exemplos.
Tema 4. Introdución os balances. Formulación xeral. Tipo de balances e magnitudes.
Tema 5. Balances de materia en sistemas sen reacción química. Caso xeral. Recirculación, purga, derivación. Estado estacionario e non estacionario.
Tema 6. Balances de materia en sistemas con reacción química. Reaccións simples e múltiples. Recirculación, purga. Estado estacionario e non estacionario.
Tema 7. Balances de enerxía. Formas de enerxía. Balances de enerxía: fundamentos. Estado estacionario e non estacionario.
Tema 8. Reactores químicos e biorreactores. Reactores descontinuos e reactores continuos ideais. Reactores de volume constante e de volume variable. Ecuacións de deseño. Desviación da idealidad. Reactores múltiples. Lei de velocidade. Obtención de datos cinéticos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes