Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Ciencia de Materiais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A3 A6 A12 A16 A25 B3 C4 Valorarase o grao de preparación previa e de seguimento do alumnado da materia que se está impartindo nestas sesións, así como a súa participación activa nas mesmas.

Avaliarase conxuntamente: "sesión maxistral" + "solución de problemas" + "seminarios" +
"eventos científicos e/ou divulgativos".
0
Seminario A1 A3 A6 A12 B2 B3 Valorarase o traballo do alumnado, as súas respostas, o seu nivel de coñecemento,e a súa participación activa no debate cos seus compañeiros.

Avaliarase conxuntamente: "sesión maxistral" + "solución de problemas" + "seminarios" +
"eventos científicos e/ou divulgativos".
0
Eventos científicos e/ou divulgativos A1 A24 A25 B3 C4 Valoraranse as conclusións co alumnado extraia das correspondentes actividades, e que ademais se plasmarán nun resumo que deberán presentar trala súa realización.

Avaliarase conxuntamente: "sesión maxistral" + "solución de problemas" + "seminarios" +
"eventos científicos e/ou divulgativos".
0
Prácticas de laboratorio A1 A16 A17 A20 A23 B2 B3 B4 Avaliarase o traballo realizado no laboratorio desde os puntos de vista de: organización e seguridade, manexo no laboratorio, coñecemento de materiais técnicas, habilidade manual e especialmente a capacidade para comprender e racionalizar os procesos levados a cabo á luz do seu fundamento científico. Ademais avaliarase a preparación previa a cada práctica, e a elaboración do correspondente caderno de laboratorio.
Tendo en conta ca cualificación estará baseada nun modelo de avaliación continua, se en algún caso o profesorado o considera oportuno poderá realizar un exame de prácticas.

Avaliarase conxuntamente: "prácticas de laboratorio" + "traballos tutelados".
20
Solución de problemas A1 A3 A6 A12 A16 A24 B2 B3 Valoraranse tanto as respostas dos alumnos como a súa participación nas correspondentes actividades presenciais. Ocasionalmente e a requirimento do profesorado, o alumnado deberá entregar os boletíns de problemas que tamén poderán ser avaliados.

Avaliarase conxuntamente: "sesión maxistral" + "solución de problemas" + "seminarios" +
"eventos científicos e/ou divulgativos".
20
Traballos tutelados A1 A3 A6 A12 A16 A24 A25 B3 B4 C4 C6 Mediante as titorías asociadas os traballos tutelados o profesorado ademais de orientar ó alumnado avalía tódolos aspectos relativos á preparación teórica das prácticas (de feito o alumnado non poderá comezar o traballo de laboratorio hasta que realice de forma axeitada a preparación previa), á preparación do estudo de casos, etc.

Avaliarase conxuntamente: "prácticas de laboratorio" + "traballos tutelados".
0
Proba mixta A1 A3 A6 A12 A24 A25 C4 C6 Consistirá nunha proba de conxunto que se celebrará ó final do cuadrimestre. Poderá constar tanto de preguntas de desenvolvemento, como de preguntas curtas ou de tipo test e de problemas que serán semellantes ós realizados ó longo do curso.
60
 
Observacións avaliación

A cualificación será a suma das seguintes contribucións:

- proba mixta: hasta un máximo de 6 puntos

- actividades realizadas nas clases de resolución de problemas, seminarios, titorías, eventos científicos, etc.: hasta un máximo de 2 puntos;

- prácticas de laboratorio: hasta un máximo de 2 puntos.

Para superar a materia será necesario conseguir polo menos 5 puntos entre tódalas contribucións anteriores, coa restrición de que na proba mixta será imprescindible obter un mínimo de 2.7 (sobre un máximo de 6) e nas prácticas de laboratorio un mínimo de 0.8 (sobre un máximo de 2). No caso de non acadar estes mínimos o alumnado estará suspenso. Cando se obteña unha suma global superior a 5 puntos pero non se acade a nota mínima esixida nalgunha das actividades, a calificación final será "suspenso: 4.5 puntos".

Dado que a cualificación se basea nun modelo de "avaliación continua", valorarase especificamente a progresión do alumnado ao largo de todo o semestre cun máximo de 1 punto.

Dacordo con esta metodoloxía de "avaliación continua", non poderá figurar como "non presentado" o alumnado que teña participado activamente nun conxunto de actividades que supoñan máis do 25% da cualificación global.

Dentro do mesmo contexto de “avaliación continua” e dacordo co contido do escrito “Probas de Avaliación e Actas de Cualificación de Grao e Mestrado”, a chamada “segunda oportunidade de xullo” entendese como unha segunda oportunidade de realización da proba mixta. No obstante, e se fora o caso, o profesorado poderá incluír unha segunda parte sobre aspectos relativos ás prácticas de laboratorio. Á cualificación así obtida sumaranse as conseguidas durante o curso no resto das actividades (clases de solución de problemas, seminarios, etc.). Os porcentaxes das distintas contribucións serán os mesmos que na “primeira oportunidade”.

As matriculas de honra  outorgaranse prioritariamente ao alumando que teña superada a materia na primeira oportunidade. E só se outorgarán na chamada “segunda oportunidade” se o número máximo daquelas non se cubriu na súa totalidade na primeira.

No caso de circunstancias moi excepcionais, obxectivables e
axeitadamente xustificadas (como no caso de estudiantes con dispensa académica de exención de asistencia) o profesorado
podería eximir total ou parcialmente ao alumnado de concorrer no proceso de
"avaliación continua". En calquera caso, dito alumnado tería que someterse a un
exame particular (ademáis da proba mixta obrigatoria) que non deixase dúbidas sobre o seu nivel de coñecementos, competencias,
habilidades e destrezas, e que puntuará o 20% da calificación global.

O proceso de ensino-aprendizaxe, incluída á avaliación, refírese a un curso académico (isto implica que cada curso comeza un novo proceso, incluidas tódalas actividades e procedementos de avaliación).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes