Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Deseño. redacción e xestión de proxectos en Química
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As sesións maxistrais impartiranse ó grupo completo. Consistirán en leccións expositivas nas que se exporá de forma ordenada o temario da materia. Ó comezo de cada tema exporase claramente o contido e obxectivos principais de dito tema. Asemesmo, ó final do tema farase un breve resumo dos contidos máis salientables. Para facilita-la labor de seguimento por parte do alumno das clases presenciais proporcionaráselle unha lista de material publicado sobre o tema a tratar.
Seminario Esta clase de metodoloxía ten por obxectivo profundizar nalgúns aspectos concretos da materia tratados cun carácter máis xeral nas clases de teoría. Para isto, traballarase na resolución de casos prácticos relacionados co desenvolvemento de proxectos e unidades de proceso.
Presentación oral A meta da presentación oral é a exposición e defensa do traballo tutelado de xeito grupal. É medio para comprobar a competencia en expresión oral científico-técnica do alumno, así como, da súa capacidade de síntese e defensa do proxecto realizado. Estas sesións complementan a memoria escrita presentada.
Traballos tutelados Os traballos tutelados teñen por obxectivo a realización, por parte dos alumnos, dun pequeno estudo/ proxecto en grupos reducidos. A misión destas sesións será orientar e dar pautas para que o alumnado poida realizar dito estudo, que deben presentar por escrito y defender tras exposición. Este proxecto será avaliado como unha actividade de traballo autónomo ou non presencial.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes