Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Deseño. redacción e xestión de proxectos en Química
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A22 A28 B4 B5 C1 C3 C4 Durante o curso ó alumnado elaborará e presentará por escrito, un pequeno estudo/proxecto en equipos reducidos. Avaliaranse a claridade de contidos, a presentación da memoria e a súa defensa en sesión presencial, a capacidade de discusión de resultados e a redacción da memoria. Avaliarase así mesmo todo o proceso de elaboración do traballo, con especial atención á capacidade de traballo en grupo e de iniciativa individual. A elaboración deste proxecto é de carácter obrigatorio, non sendo posible supera-la materia sen a realización e presentación do mesmo dentro dos prazos fixados no seu momento. 30
Proba mixta A1 A5 A15 B2 C1 Realizarase unha proba mixta escrita de toda a materia. que contemplará cuestións teóricas e prácticas. Esta proba ten carácter obrigatorio, sendo puntuada de 0 a 10 puntos, proporcionalmente. Para computar na nota final será preciso ter alomenos cinco puntos na mesma.
70
Seminario A11 A15 B2 B4 B7 Durante os seminarios profundizaráse nos aspectos teóricos mediante a resolución de exercicios que serán entregados previamente ó alumno. Á finalización de cada parte diferenciada da materia realizaráse unha proba, na que os alumnos terán que resolver, e entregar, problemas que se lles presentarán ó inicio da sesión de seminario.
Cando a cualificación destos exercicios resoltos sexa como mínimo de 5, esta parte da materia poderá ter carácter liberatorio da mesma na proba mixta da primeira oportunidade.
0
 
Observacións avaliación
<p>A proba mixta consistirá na resolución de problemas tratados durante o curso. A nota desta proba sumarase á cualificación obtida no traballo tutelado durante o curso. Para supera-la materia será preciso obter na proba mixta unha nota non inferior a 5, ter elaborado e entregado o traballo tutelado e acadar, sumadas as cualificacións da dúas actividades, unha nota promedio mínima de 5. De non acadarse dita puntuación mínima na proba mixta e/ou non ter presentado o traballo tutelado, e a suma das cualificacións de tódalas actividades fora de 5 ou superior, a materia figurará como suspensa (4,5).&nbsp;</p><p>Para obte-la cualificación de non presentado, os alumnos non poderán ter participado en ningunha das actividades avaliables programadas.&nbsp;</p><p>Na segunda oportunidade os alumnos serán avaliados de toda a materia independentemente da cualificación dos seminarios. Nesta segunda oportunidade os alumnos só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se tiveran cuberto na súa totalidade na primeira oportunidade.&nbsp;</p><p>O proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico, e polo tanto volve comezar cun novo curso , incluídas tódalas actividades e procedementos de avaliación que fosen programados para dito curso. No caso de alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a cualificación dos seminarios se substituirá pola obtida nas titorías personalizas.&nbsp;</p>
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes