Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Medio ambiente e calidade
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Seminario Como complemento das clases maxistrais realizanse seminarios adicados á resolución dalgúns dos problemas e cuestións que, previamente terán sido entregados ao estudante. Neles interpretaranse datos e resolveranse problemas reais relacionados con parámetros indicadores da calidade do ar, augas e chan. Tamén se discutirá algún exemplo de puntos críticos no control da calidad de laboratorios.
Prácticas de laboratorio O estudante aplicará en mostras reais os conceptos teóricos estudados ao longo do curso e será capaz de constrastar os resultados obtidos coas especificacións da lexislación específica. Ao rematar as prácticas terá que entregar unha memoria do traballo feito que inclúa un informe e/ou análise crítica e detallada sobre os resultados obtidos.
Proba mixta Constará de afirmacións a validar empregando varias alternativas indicadas, para que o estudante seleccione a que mellor resposte á pregunta. Ademáis realizaranse preguntas nas que se deixa un espazo limitado para a súa contestación. Terán que resolverse exercicios numéricos.
Sesión maxistral Abordarán os contidos máis importantes do programa. Para un total aproveitamento das mesmas, recoméndase ao aluno que teña lido previamente os aspectos fundamentais do tema a tratar (nos textos recomendados). Para a impartición das mesmas empregaranse medios audiovisuais e/ou informáticos e fomentarase o diálogo para a correcta comprensión dos contidos, a resolución de dúbidas e o fomento do sentido crítico.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes