Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Medio ambiente e calidade
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A14 A15 A28 B2 C1 O exame consistirá en preguntas tipo test de resposta única, preguntas de resposta breve e exercicios numéricos e/ou de estudo de casos.
35
Prácticas de laboratorio A17 A19 A23 A26 B7 Valorarase de forma continua o traballo experimental (destreza, actitude, orde, atención,..) e a memoria entregada.
15
Seminario A15 A16 B2 B3 B4 B5 B7 C3 Valorarase a participación dos alumnos nas clases, ademáis da resolución das cuestións e/ou exercicios plantexados.
15
Traballos tutelados A15 A16 B5 B7 C1 C3 O traballo será avaliado pola ligazón que se plasme entre os conceptos tratados, a extensión da comparación das normas internacionais baixo análise e pola calidade da redacción 35
 
Observacións avaliación

O traballo do alumno será avaliado de forma continua e periódica a
través da asistencia regular ás actividades avaliables, a súa participación nos
traballos de seminario, a resolución de cuestións e exercicios expostos polo
profesor (que haberán de ser entregados no prazo que se indique), polas
prácticas de laboratorio e pola proba mixta.

A realización das prácticas é obrigatoria e a súa non realización
impide a superación da materia; ao final das mesma deberán entregar un informe
do procedemento, resultados obtidos e interpretación dos mesmos.

O
alumno obterá cualificación de Non Presentado cando faga menos do 25% das
actividades avaliables.

PRIMEIRA
OPORTUNIDADE

Para superar a materia é preciso obter na proba mixta e nas prácticas unha nota
mínima de 5 (sobre 10). A cualificación final da materia non será inferior á nota da proba mixta nin á cualificación resultante de ponderar o resto de actividades avaliables.

SEGUNDA
OPORTUNIDADE

Na segunda oportunidade realizarase a proba mixta e manteranse as
notas obtidas nas prácticas e seminarios namentras que a calificación
obtida na proba mixta nesta oportunidade substituirá á obtida na primeria
oportunidade. Para superar a materia nesta convocatoria é preciso obter na
proba mixta unha nota mínima de 5 (sobre 10). A cualificación final da materia non será inferior á nota da proba mixta nin á cualificación resultante de ponderar o resto de actividades avaliables.

Os alumnos avaliados na segunda oportunidade só poderán optar á
matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se
cubriu na súa totalidade na primeira oportunidade.

CONVOCATORIA ADIANTADA

Manteranse as cualificacións do curso anterior pero as porcentaxes serán as do curso en vigor

ESTUDANTES CON RECOÑECEMENTO DE ADICACIÓN A TEMPO PARCIAL 

Aplícanse os mesmos criterios de avaliación indicados anteriormente.

ESTUDANTES CON DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA (de acordo coa normativa da UDC):

O alumno con dispensa académica de exención de asistencia será avaliado segundo os mesmos criterios de avaliación indicados anteriormente (salvo na parte de Seminarios onde se terá en conta soamente a resolución de cuéstiones/problemas expostos polo profesor). A realización das prácticas facilitarase dentro da flexibilidade que permitan os horarios de coordinación e os recursos materiais e humanos. Isto aplica a ambas as oportunidades.

CURSOS SUCESIVOS

Polo que se refire aos sucesivos cursos académicos, o proceso de
ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico e, por
tanto, voltaría a comezar co novo curso, incluídas tódalas actividades e
procedementos de avaliación que sexan programadas para o devandito curso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes