Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Laboautomatización
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A15 A16 A19 A20 A22 A23 B2 B3 B5 B7 C3 C6 C8 Avaliaráse a utilidade e funcionalidade da aplicación de control computerizado de equipos de investigación diseñada polo alumno.

45
Prácticas a través de TIC A15 A16 A20 B2 B3 B4 C2 C3 C6 Avaliaránse as respostas online a cuestións prácticas curtas sobre os contidos teóricos 20
Proba mixta A15 A20 A21 A22 A25 B2 B3 C3 C6 Avaliaránse a asimilación dos conceptos básicos teóricos e as habilidades adquiridas no control e manipulación de datos experimentais
35
 
Observacións avaliación

En xeral:

  - Non se avaliará positivamente se nalgunha das tres metodoloxías non se acada un mínimo de 5 puntos sobre 10

  - A nota mínima de aprobado é de 5 sobre 10 no promedio ponderado

  - Para ter en conta as cualificacións nas distintas actividades suxeitas a avaliación é necesario obter a puntuación mínima indicada anteriormente en cada unha delas. Polo tanto, de non acadarse dita puntuación mínima nalgunha das actividades, ainda que a media sexa superior ou igual a 5 (sobre 10), a materia figurará como suspensa (4.5).

  - A cualificación de "non presentado" aplicaráse só no caso de que a participación do alumno en actividades avaliables represente menos do 25% da cualificación total.

Para a segunda oportunidade de avaliación:

  - As probas non superadas na primeira oportunidade repetiránse nesta segunda. Importante: por mor do escaso tempo entre primeira e segunda, as dúas primeiras probas realizaránse concentradas en poucos días, antes da proba mixta. A programación concreta das mesmas depende do número de alumnos que teñan que presentarse nesta oportunidade, e faráse pública ao remate da primeira.

  - Poderáse conservar calquera das tres cualificacións da primeira oportunidade (cun mínimo de 5 puntos sobre 10).

  - Non se conservará ningunha nota dun curso a outro. Nos seguintes cursos académicos o proceso de ensinanza-aprendizaxe,
incluida a avaliación, iníciase de novo, o que implica que o alumno
que non supere a materia neste curso deberá realizar todas as
actividades programadas para o novo curso.

  - Os alumnos avaliados na segunda oportunidade só poderán optar a Matrícula de Honra se o número máximo destas para o curso non se
esgotaron na primeira oportunidade.

       Para cualquera oportunidade de avaliación:

  - O alumnado con dedicación a tempo parcial non ten un tratamento distinto dos de matrícula normal. No caso específico de alumnado con exención de asistencia, a proba mixta poderá ser online, mais nas prácticas de laboratorio (ver epígrafe 6, "Atención persoalizada") isto non é factible. Non sendo posible predecir antes do comenzo do curso o impedimento de asistencia, o profesor estudará cada caso concreto, coa fin de adaptar a avaliación desta parte.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes