Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Médica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A9 A13 A14 A15 B2 B3 B6 C1 C6 Valorarase a corrección nas respostas ás preguntas propostas na proba escrita mixta final 40
Sesión maxistral A1 A9 A10 A13 A14 A15 A16 A21 A24 A25 B1 B2 B3 B4 B6 B7 C1 C3 C4 C6 C7 C8 Valorarase a asistencia e participación nas clases de exposición de contidos, así como a participación e corrección nos test de avaliación asíncronos propostos para cada tema. 10
Prácticas de laboratorio A9 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A22 A23 A25 A26 B1 B2 B3 B4 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C6 C7 C8 Valorarase a asistencia e participación, así como a corrección no desenrolo das distintas actividades prácticas propostas e do informe final. 30
Seminario A1 A9 A10 A13 A14 A15 A16 A21 A24 A25 B1 B2 B3 B4 B6 B7 C1 C3 C4 C6 C7 C8 Valorarase a participación activa do alumno na resolución dos problemas dos boletines, así como os exercicios entregados. 20
 
Observacións avaliación

A asistencia ás actividades avaliables, sesións maxistrales, seminarios e prácticas é obrigatoria.

Para que un alumno poida obter a cualificación de "Non presentado" non poderá realizar actividades cun cómputo superior ao 50% na avaliación ou non presentarse á proba mixta. O alumno disporá de dúas oportunidades, e os alumnos que non superen a materia na primeira oportunidade conservarán a cualificación obtida no traballo de seminario e prácticas de laboratorio, e realizarán unha segunda proba mixta nas datas determinadas polo calendario fixado pola Xunta de Facultade. Os alumnos que sexan avaliados na segunda oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se estas non foron cubertas na primeira oportunidade.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia (de acordo co a
normativa da UDC):

Aplícanse os mesmos criterios de avaliación indicados anteriormente, estando exentos da asistencia
regular as clases presenciais en aula e seminarios.

Non
obstante, a asistencia ás
prácticas es obligatoria para superar a asignatura, de forma que se
facilitará, na medida do posible, a elección de fechas das prácticas para adaptalasá dispoñibilidade do alumno. Nos casos excepcionais nos que as prácticas non poidan  realizarse por incompatibilidade de
horarios, estas poderanse sustituir por tarefas relacionadas
non presenciales.

A calificación final
será a suma do 60% da calificación obtida nas prácticas de
laboratorio e o 40% da calificación obtida na proba mixta .
Estas porcentaxes de calificación se aplicarán ás dúas oportunidades.


A calificación de “non presentado” otorgarase a aqueles alumnos
acollidos ao mencionado réximen de exención, sempre e cando non se
presenten á proba mixta.

Para todos os alumnos, o proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico e por tanto volve comezar cun novo curso académico, incluíndo todas as actividades e procedementos de avaliación que se programen para devandito curso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes