Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Tecnoloxía Química
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A13 A14 A15 A16 A20 A21 A25 B1 B3 B4 B5 C2 Para a súa avaliación, se solicitará ao alumnado a realización e entrega dalgúns dos exercicios propostos. 20
Prácticas de laboratorio A7 A19 A20 A21 A22 B3 B4 B5 B6 B7 C5 A realización das prácticas é obrigatoria. Valorarase o traballo experimental realizado no laboratorio e o informe no que se recollerán obxectivos, resultados, tratamento dos datos e conclusións.
20
Proba mixta A13 A14 A16 A24 B2 B3 B7 C6 Na proba, que terá lugar no período establecido de exames, valoraránse os coñecementos adquiridos polo alumno. 60
 
Observacións avaliación

Para superar a materia o alumno terá que acadar unha nota mínima de 4 sobre 10 na proba mixta, e unha cualificación global igual ou superior a 5 sobre 10. No caso de que o alumno non acade a puntuación mínima na proba mixta, aínda no caso de que a cualificación global sexa superior a 5 sobre 10, a materia figurará na acta como suspensa (4,5).

Na segunda oportunidade só é posible mellorar a cualificación da proba mixta.

Só os alumnos que non realicen ningunha das actividades avaliables terán a consideración de "non presentados".

Os alumnos que sexan avaliados na segunda oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo destas, dacordo coa normativa académica, non se cubríu na primeira oportunidade.

O proceso de ensino-aprendizaxe incluida a avaliación refírese a un curso académico, polo que, non se manterá ningunha das cualificacións obtidas no curso seguinte.

No caso de alumnado con dispensa académica adoptaranse medidas adicionais para que o estudante poida superar a materia, flexibilizando os horarios de realización das prácticas e a entrega de exercicios.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes