Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Traballo de fin de Grao
   Contidos
Temas Subtemas
Traballo de Fin de Grao Contidos propios dos módulos de:
- Química Analítica
- Química Física
- Química Inorgánica
- Química Orgánica
- Outras áreas fronteirizas da Química, en asociación coas anteriores.

Os temas dos TFG proporanse de xeito que exista correspondencia coas competencias xerais recollidas no Grao.

Os estudantes poderán propoñer temas ou liñas para que sexan tidos en conta e, de ser o caso, incorporados na oferta pública.

Garantirase un número de temas e direccións suficiente para cubrir a totalidade dos estudantes matriculados no TFG cada curso académico.
Será competencia do equipo directivo do centro facer pública a oferta anual de posibles traballos a realizar.
A asignación de traballos farase seguindo o principio de igualdade, mérito e capacidade, tentando respectar as preferencias manifestadas polo estudantado implicado.

Se o/a estudante ten que desenvolver parte do TFG ou a súa totalidade nunha empresa ou noutro organismo distinto á UDC, no marco dun convenio de prácticas, unha das persoas que dirixa o traballo, con categoría de titulado superior, poderá pertencer a esa entidade, co fin de que colabore na definición e o desenvolvemento do TFG.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes