Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Traballo de fin de Grao
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividade onde se lle explica ao estudante en que consistirá o seu Traballo de Fin de Grao, se lle proporciona orientación sobre as fontes bibliográficas que debe manexar, a metodoloxía máis axeitada a empregar e o modo de planificar o seu traballo.
Investigación (Proxecto de investigación) Traballo individual e autónomo do estudante, orientado polo(s) director(es) do traballo.
No desenvolvemento do traballo, o estudante deberá afrontar un problema de índole química de acordo co método científico, formulalo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados e sacar as conclusións oportunas do traballo realizado.
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia, por recomendación do director ou interese persoal, a eventos científicos e / ou divulgativos organizados na Facultade e relacionados coa temática do Grao en Química. A asistencia a estos eventos deber servir para mellorar as competencias en materia de presentación e defensa do propio traballo.
Traballos tutelados Traballo individual e autónomo do estudante, baixo a tutela do director.
O alumno deberá presentar unha memoria escrita resumindo toda a labor realizada durante o TFG. Dita memoria deberá incluir, como mínimo, unha introdución, unha sección ou capítulo que recolla os obxectivos, antecedentes existentes sobre o tema que se trate, unha parte relativa aos materiais e métodos ou procedementos experimentais, os resultados obtidos, a súa discusión e análise crítico e razoado, as conclusións que se tiren do traballo, e unha bibliografía. Asemade, cando menos un resumo inicial e as conclusións do TFG deberán estar redactadas en inglés.
Presentación oral Exposición e defensa oral do traballo ante un tribunal.
A presentación e defensa do TFG farase en acto público.
O estudante disporá de un tempo máximo de 15 minutos (se ben recoméndase unha duración de 10 minutos) para expoñer os obxectivos, a metodoloxía, o contido e as conclusións do seu traballo. Con posterioridade terá que atender ás preguntas, aclaracións, comentarios e suxestións que lle poidan formular os membros do tribunal de avaliación.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes