Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Prácticas externas 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 O titor nomeado pola empresa ou institución, que deberá ser un titulado superior, preferiblemente da mesma titulación ou titulacións afíns á do estudante, elaborará un informe final, dirixido ao Decanato do Centro (ANEXO IV), no que se avalíe o grao de aproveitamento acadado polo estudante. 50
Resumo B3 C1 C6 C7 Para acadar recoñecemento académico, sempre que a estadía desenvolvida cumpra as condicións especificadas na normativa, o alumno deberá remitir ao Decanato do Centro un relatorio detallado dos traballos e actividades realizadas. Tal relatorio será elaborado dacordo cun modelo (ANEXO VII).
O titor académico revisará o informe emitido polo alumno, facendo por escrito as recomendacións e puntualizacións pertinentes para correxilo e melloralo. Á vista destas recomendacións o alumno revisará o documento e o entregará no Negociado de alumnos xunto cunha instancia solicitando a súa avaliación.
O informe do alumno será avaliado pola Comisión de Docencia e Validacións do centro que, tendo en conta o informe do titor da empresas e as recomendacións do titor académico, outorgará a cualificación que aparecerá na acta.
50
 
Observacións avaliación

Valorarase no seu conxunto, a labor realizada durante as prácticas e a memoria realizadas sobre as mesmas.

Recoméndase ao alumnado consultar a rúbrica de avaliación publicada na web do Centro.

Unicamente aqueles estudantes que completen ó período de traballo na empresa/institución (traballos tutelados) e que entreguen a memoria resumo das tareas para a súa avaliación poderán obter unha cualificación superior a 4,5 (sobre 10). Os estudantes que non completen o período de traballo na empresa/institución recibirán unha cualificación proporcional ás horas traballadas, inferior sempre a 4,5 (sobre 10). No caso de non poder rematar o período de traballo por causas de forza maior, o estudante poderá alegar perante o/a decano/a do centro, que podera suspender o efecto desta norma de avaliación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes