Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Física
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Física Código 610G02002
Titulación
Grao en Bioloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Física e Ciencias da Terra
Coordinación
Domínguez Pérez, Montserrat
Correo electrónico
montserrat.dominguez.perez@udc.es
Profesorado
Arias Ferreiro, Goretti
Domínguez Pérez, Montserrat
Martín Pérez, Jaime
Segade Zas, Luisa Maria
Correo electrónico
goretti.arias@udc.es
montserrat.dominguez.perez@udc.es
jaime.martin.perez@udc.es
luisa.segade@udc.es
Web
Descrición xeral A materia de Física prográmase co fin de que os alumnos adquiran unha serie de coñecementos sobre os conceptos físicos básicos e a súa aplicabilidade na Bioloxía, os cales serán necesarios para abordar o estudo doutros campos e materias dentro da titulación.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Dos contidos da materia eliminaríanse os temas de Radiación e radioactividade e o tema de Nocións de Óptica. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Actividades iniciais - Análise de fontes documentais - Solución de problemas (computa na avaliación) - Traballos tutelados (computa na avaliación) *Metodoloxías docentes que se modifican - Proba obxectiva: seguirá a mesma metodoloxía, coa diferenza de que as probas faríanse empregando o Moodle. - Sesión maxistral: o contido detallado dos bloques temáticos subirase ao Moodle e/ou compartirase polos grupos de Teams segundo as indicacións que os docentes encargados da materia lle dean a cada grupo (Grupo da Mañá, Grupo de Inglés e Grupo da Tarde). Complementariamente o contido básico dos bloques temáticos será abordado empregando ou ben vídeos con presentacións explicativas, ou ben con audioconferencias ou videoconferencias dos distintos temas a través do Teams. - Prácticas de laboratorio: levaranse a cabo de forma individual realizando un tratamento e análise de datos experimentais. Facilitaráselles o guión de cada práctica e os datos que terán que empregar para a súa resolución. Cada alumno deberá entregar, dentro do prazo establecido, unha memoria que recolla o traballo realizado e o tratamento pertinente dos datos. Con anterioridade a estas actividades, está prevista unha sesión na cal explicarase a forma de realizar as prácticas e a expresión dos resultados en forma numérica e/ou gráfica, coa indicación das incertezas. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento das prácticas de laboratorio e os traballos tutelados. - Moodle: semanalmente. Empregarase como medio de información e comunicación cos alumnos, subindo materiais de interese para o desenvolvemento da materia. Tamén se empregará para organizar as entregas das actividades derivadas das prácticas e os traballos tutelados. - Teams: 2 sesións semanais en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e 1 sesión semanal con cada grupo pequeno para a resolución de exercicios e casos prácticos na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. Tamén servirá de vía para a resolución de dúbidas das distintas actividades da materia. 4. Modificacións na avaliación - Prácticas de laboratorio (15%): a asistencia á sesión previa e a realización da memoria que recolla o traballo de prácticas realizado e o tratamento e análise pertinente dos datos será condición necesaria para ser avaliado. Polo tanto, estas actividades serán de carácter obrigatorio. - Proba obxectiva: a valoración da proba obxectiva sobre os temas teóricos e a resolución de exercicios supoñerá o 70% da cualificación final. Esta cualificación corresponderase un 35% coa proba dos contidos da primeira parte (correspondéndose cos contidos da proba realizada a mediados de curso) e outro 35% coa proba dos contidos da segunda parte (correspondéndose cos contidos da proba realizada a finais de curso). Deberá acadarse un mínimo de 4 puntos (sobre 10) en ambas probas para ter opcións a superar a materia. *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que: Nas Prácticas de laboratorio será obrigatoria a asistencia á clase previa e a entrega da memoria de prácticas para poder superar a materia. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía No se realizarán cambios. Os alumnos disporán de todos os materiais de traballo da materia no Moodle e poderán consultar gran parte da bibliografía en formato electrónico.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes