Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Física
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais O primeiro día de aulas falicitarase o programa da materia, a metodoloxía, os criterios de avaliación, así como un calendario detallado de cada unha das actividades. Esta información quedará ao alcance do alumno na plataforma Moodle.
Análise de fontes documentais Indicarase aos alumnos as fontes bibliográficas necesarias, tanto de problemas como dos temas teóricos e traballos tutelados, ao obxecto de que poidan consultar ou ampliar os aspectos tratados na aula. As titorías individuais permitirán reforzar este campo.
Prácticas de laboratorio Nas seis sesións de laboratorio os alumnos traballarán en grupos de dous, realizando diferentes prácticas. Facilitaráselles un guión de cada práctica así como o material necesario para a súa montaxe e realización, estando atendido en cada momento polo profesor que lles resolverá aquelas dúbidas que vaian xurdindo.
Ao finalizar as prácticas, cada grupo haberá de presentar unha memoria na que se recolla o traballo realizado e os resultados obtidos.
Con anterioridade ás sesións prácticas está prevista unha sesión de aula na cal se explicará a forma de realizar as prácticas e a expresión dos resultados en forma numérica e/ou gráfica, coa indicación das incertezas.
Solución de problemas Unha vez finalizada a exposición teórica dos contidos de cada un dos bloques temáticos, dedicaranse sesións de aula á resolución de problemas de aplicación. Os problemas propostos entregaranse previamente por medio de boletíns. Neles, xunto cos enunciados, figurarán os resultados, ao obxecto de que os alumnos poidan ir realizando un proceso continuo de autoavaliación. Estes boletíns serán de dous tipos: uns xerais (para todos os alumnos de gran grupo) e outros complementarios que se entregarán aos distintos grupos reducidos.
As sesións de seminario dedicaranse á resolución daqueles exercicios que presenten dificultades especiais.
Proba obxectiva Realizaranse dúas probas escritas, unha a mediados do curso e outra ao final, sobre contidos teóricos e problemas. Os alumnos que superen ditas probas estarán exentos de examinarse deses contidos no exame final de xuño (ou xullo).
Sesión maxistral O contido básico dos bloques temáticos será abordado na aula mediante explicacións impartidas polo profesor, procurando que os alumnos participen activamente ao longo das sesións. Ao final de cada sesión colgaranse no Moodle os contidos básicos dos temas vistos.
Traballos tutelados Con carácter voluntario propoñeranse aos alumnos traballos complementarios. A realización do traballo farase en grupos cuxa composición se estruturará no seu momento, dependendo do total de alumnos matriculados. Estes traballos estarán enfocados cara a aplicacións concretas no campo da Bioloxía.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes