Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Matemáticas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A21 B2 B3 B6 B13 Preguntas ao alumno 10
Traballos tutelados A21 B1 B2 B3 B8 B9 B10 B12 B13 Desenvolvemento de aspectos concretos con exemplos e problemas resoltos. Valorarase especialmente a competencia A21 10
Solución de problemas A21 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B12 Entrega de boletins e exames resoltos doutros cursos. Evaluaránse as competencias A21 e B2. 10
Proba obxectiva B1 B2 B3 B4 B8 B9 B10 B13 Desenvolvemento de cuestións e resolución de problemas da materia 70
 
Observacións avaliación

Para superar a materia será necesario obter, sumadas as
cualificacións de todas as actividades, unha nota mínima do 50% do
total. Para obter a cualificación de non presentado, sera abondo que
o alumno non participe na proba obxectiva e non sexa avaliado nos
Traballos tutelados en máis dun 50%. Na proba de segunda oportunidade o
criterio para superar a materia será o anterior ou ben obter unha nota
non inferior ao 50% na proba obxectiva. Polo que se refire a sucesivos
cursos académicos, o proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a
avaliación, refírese a un curso académico, e por tanto volveríase a
empezar cun novo curso, incluídas todas as actividades e procedementos
de avaliación que fosen programados para o devandito curso; no entanto
permítese solicitar manter a cualificación de prácticas dun curso
anterior.

Os alumnnos matriculados en réxime de tempo parcial
e dispensa académica de exención de asistencia, poden ser avaliados de maneira personalizada no referente ás
metodoloxías de Sesión maxistral, Solución de problemas e Traballos
tutelados. Os alumnos matriculados en réxime de tempo parcial terán que presentarse á proba obxectiva, asi como ás probas parciais
ao longo do curso. Para a primeira e segunda oportunidade os criterios
de avaliación para este alumnado é o mesmo que para os outros, e a
porcentaxe de dispensa de asistencia será do 80%.

A Proba obxectiva é igual para todos os alumnos.

Teñen prioridade na concesión de matrícula de
honra os alumnos de primeira oportunidade.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes