Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Xeografía física
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Trátase de asimilar uns contidos teóricos básicos a partir das clases maxistrais.
Prácticas de laboratorio As prácticas representan un complemento indispensable ás leccións teóricas. Nelas abordarase a aprendizaxe dos métodos e técnicas máis comúns para o tratamento da información xeográfica. O obxectivo será que o alumno desenvolva as capacidades de interpretación, síntese e análise da información que suministra a bibliografía, a cartografía, e a fotoxeoloxía, grazas ó coñecemento global da materia e da súa aplicabilidade. Ademais preténdese que o alumno adquira nocións básicas acerca da utilización da información xeográfica e da súa análise espacial empleando ferramentas informáticas (Sistemas de Información Xeográfica).
Traballos tutelados Estes consistirán na elaboración de temas ou traballos individuais ou en grupos, propostos polo profesor, sobre diversos aspectos da materia. Requírese: búsqueda e manexo da información, esquematización das ideas principais, división do traballo, discusión en grupo e exposición dos contidos na clase. Asimesmo os alumnos poderán participar voluntariamente nunha actividade de Aprendizaxe-Servizo (ApS). Os resultados das actividades expostas anteriormente serán avaliados. O profesor asesorará permanentemente o desenvolvemento das diferentes actividades da aprendizaxe.
Saídas de campo Complemento do resto das actividades.
Proba obxectiva Cuestionarios eliminatorios dos contidos teóricos da asignatura, consistentes en preguntas curtas ou de tipo test e comentarios e identificación de diagramas ou fotografías.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes