Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Xeografía física
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A30 Avaliación continua. 20
Traballos tutelados A6 A22 A23 B2 B4 B5 B6 B7 B9 B10 B11 B12 B13 Traballos elaborados polos alumnos e presentación dos mesmos. 30
Proba obxectiva B8 Cuestionarios eliminatorios dos contidos teóricos da asignatura. 50
 
Observacións avaliación

A asistencia ás clases prácticas de gabinete (incluíndo a entrega dos exercicios solicitados) e a elaboración dos traballos de seminario son condicións necesarias para ser avaliado. A participación nas prácticas e realización do traballo suporá o 50% da cualificación final (prácticas: 20% e traballo: 30%). Os exames dos contidos teóricos representan o 50% da mesma. Para superar a materia, a teoría ten que estar aprobada (5 sobre 10 en cada proba). Adicionalmente valorarase a presentación dos seminarios, así como a participación activa neles, asistencia e participación nas tutorías, saída campo, visita AEMET, etc., puidendo aumentar ata un punto o valor da cualificación final. Os alumnos que non superen o exame eliminatorio serán avaliados nos exames oficiais das convocatorias de Xuño e Xullo. Nestas convocatorias avaliarase do mesmo xeito (porcentaxes), mediante exame dos contidos teóricos e prácticos e entrega dos traballos de seminario. En todas elas, manterase a cualificación dos traballos realizados, aínda que se poderá presentar outro que supere a cualificación obtida previamente. Para obter a cualificación de NON PRESENTADO, os alumnos non poderán participar en máis dun 40% das actividades avaliables programadas.

Todas as observacións previas son aplicables aos estudantes a tempo parcial. Casos excepcionais: no caso de que o estudante, por razóns debidamente xustificadas, non puidera realizar todas as probas de avaliacion continua, o Profesor/es adoptará/n as medidas que considere/n oportunas a tal efecto. Para a concesión das Matrículas de Honra priorizarse aos alumnos de primeira oportunidade.












Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes