Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Citoloxía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 Na data oficial realizarase ben o exame final sobre os contidos do programa traballados nas sesións de teoría e prácticas. Na metade aproximada do cuadrimestre farase un exame parcial voluntario e liberatorio dos contidos teóricos e prácticos traballados ata ese momento. 60
Discusión dirixida A1 B1 B4 B6 B9 B10 B11 B13 Ben sexa na propia sesión presencial denominada "Revisión e problemas", ou ben como tarefa para realizar de xeito non presencial despois desta, evaluarase individualmente o nivel de comprensión dos temas obxecto da sesión cunha breve proba obxectiva de tipo test, análise ou resolución dalgún caso teórico relacionado. 20
Prácticas de laboratorio A1 A4 A5 A11 A26 A30 A31 B8 B13 Ao final do período de prácticas, o alumno estará obrigado a presentar un informe sobre as actividades realizadas coa resolución de problemas relacionados con eles. Para a avaliación das prácticas teránse en conta algunhas das prácticas feitas así como certas cuestions seleccionadas do cuestionario asociado ellas. 20
 
Observacións avaliación

A asistencia ás prácticas é condición necesaria para a consideración de presentado e poder presentarse ao exame final.

O exame final na primeira convocatoria (ao rematar o 1º
cuatrimestre) representará o 60% da calificación final e o 40%
restante o constituirá a memoria de prácticas e os resultados das actividades evaluables das sesions de discusión dirixida (20% y 20%, respectivamente). Considerarase como presentado todo aquel estudante que houbera participado as Prácticas e a 3 actividades evaluables.
Adicionalmente, conscientes de que durante o curso os alumnos
comezan a exercitarse en certas competencias transversais (e en
ciertos casos de xeito autónomo), valorarase sempre en modo positivo a
participación activa nos
seminarios. En particular, os
traballos de seminario entregados e o conxunto das aportacions
relevantes feitas polo alumno/a no foro serán valoradas ata
un punto que engadirase á calificación final obtida.

Excepcionalmente, no caso de que o estudante, por razóns xustificadas, non
puidera realizar toda-las probas de avaliación continua (estudantes con dedicación a tempo parcial ou
circunstancias específicas de aprendizaxe e apoio á diversidade), adoptaránse as medidas que se estime convintes para non perxudicar a súa evaluación.

Na segunda convocatoria (Xullo) terase en conta únicamente o resultado do exame para a cualificación
final sempre e cando se tíñan realizadas as prácticas, condición
necesaria para ser avaliado, e independentemente da cualificación
obtida nelas.

As matrículas de honra concederánse preferentemente entre o alumnado presentado na primeira convocatoria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes