Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Histoloxía
   Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Introdución á Histoloxía.
A Histoloxía como disciplina. Concepto de tecido, órgano, aparato e sistema. Métodos de estudo en Histoloxía.
Tema 2. A parede celular vexetal.
Características xerais. Funcións. Composición. Síntese compoñentes. Estrutura: lámina media, parede primaria e parede secundaria. Orixe e formación. Crecemento. Comunicacións intercelulares: plasmodesmos e punteaduras.
Tema 3. Organización histolóxica das plantas vasculares.
Características básicas do corpo vexetal. Desenvolvemento das plantas vasculares. Crecemento primario e crecemento secundario. Tecidos e órganos vexetais. Clasificación dos tecidos vexetais. Organización interna das plantas: disposición dos tecidos vexetais.
Tema 4. Meristemos.
Definición. Caracteres estruturais e función das células meristemáticas. División celular e tipos de tabicación. Clasificación. Meristemos primarios: concepto, tipos, localización e función. Meristemos secundarios: concepto, tipos, disposición e función.
Tema 5. Tecidos vexetais simples.
Parénquima. Características das células parenquimáticas. Orixe. Localización. Tipos e funcións do parénquima.
Colénquima. Características das células colenquimáticas. Orixe. Distribución. Tipos e función do colénquima.
Esclerénquima. Características xerais. Esclereidas e fibras: estrutura, distribución, orixe, tipos e función.
Tema 6. Tecidos vasculares I.
Xilema. Características xerais e función. Compoñentes. Elementos condutores (traqueidas e elementos das traqueas): estrutura, orixe e diferenciación. Traqueas: concepto e tipos. Elementos non condutores: parénquima e esclerénquima asociado. Clasificación. Xilema primario: protoxilema e metaxilema. Tipos. Xilema secundario: formación e organización. Aneis de crecemento. Albura e duramen.
Tema 7. Tecidos vasculares II.
Floema. Características xerais e función. Compoñentes. Elementos condutores (células cribosas e elementos dos tubos cribosos): estrutura, orixe e diferenciación. Células albuminíferas e células acompañantes. Elementos non condutores: parénquima e esclerénquima asociado. Clasificación. Floema primario: protofloema e metafloema. Floema secundario: formación e organización.
Feixes vasculares líbero-leñosos.
Tema 8. Tecidos protectores.
Epidermis. Características xerais. Distribución, orixe e funcións. Estrutura das células epidérmicas. A cutícula: estrutura, composición e función. Estomas: estrutura, orixe, distribución, función e clasificación. Tricomas: concepto, función e clasificación.
Peridermis. Concepto. Localización, orixe e función. Compoñentes: felema, felóxeno e felodermis. Lenticelas. Cortiza secundaria.
Tema 9. Tecidos e estruturas secretoras.
Concepto. Secreción en vexetais. Clasificación. Estruturas secretoras externas. Estruturas secretoras internas.
Tema 10. Introdución á histoloxía animal.
Os tecidos animais: características xerais, funcións e clasificación. Fecundación e embrioxénese temperá. Histoxénese. Procedencia embrionaria dos tecidos animais.
Tema 11. Tecido epitelial I.
Concepto de epitelio. Orixe. Funcións. Características dos epitelios. Lámina basal. Polaridade. Especializacións. Nutrición. Inervación. Renovación e rexeneración dos epitelios. Clasificación xeral dos epitelios: criterios. Epitelios de revestimento: clasificación, tipos e distribución.
Tema 12. Tecido epitelial II.
Epitelios glandulares. Características xerais. Clasificación. Concepto de glándula. Glándulas exocrinas: estrutura, clasificación e función. Glándulas endocrinas: concepto, localización, organización, tipos celulares e función
Tema 13. Tecido conectivo.

Caracteres xerais. Orixe. Funcións. Clasificación. Tecido conxuntivo: tipos celulares e matriz extracelular. Variedades de tecido conxuntivo: mesénquima, mucoso, laxo, denso, reticular e elástico.
Tema 14. Tecido adiposo. Características xerais. Funcións. Tipos. Tecido adiposo común ou unilocular: características citolóxicas, distribución, fisioloxía e orixe. Tecido adiposo pardo ou multilocular: características citolóxicas, distribución, fisioloxía e orixe.
Tema 15. Tecido cartilaxinoso.
Características xerais. Funcións. Pericondrio. Células da cartilaxe. Matriz cartilaxinosa. Histoxénese e crecemento da cartilaxe Tipos de tecido cartilaxinoso: cartilaxe hialina, elástica e fibrosa.
Tema 16. Tecido óseo.
Características xerais. Funcións. Periostio e endostio. Constituíntes do tecido óseo: células e matriz ósea. Organización do tecido óseo. Tipos de tecido óseo: reticular e laminar. Estrutura macroscópica: óso esponjoso e óso compacto. Estrutura microscópica do óso: laminillas óseas e osteonas. Histoxénese: consideracións xerais. Osificación intramembranosa e endocondral. Crecemento e (re)modelación ósea.
Tema 17. Tecido sanguíneo.
Características xerais. Funcións. Compoñentes. Plasma sanguíneo. Elementos formes. Eritrocitos. Leucocitos granulocitos: neutrófilos, eosinófilos e basófilos. Leucocitos agranulocitos: linfocitos e monocitos. Plaquetas. Estrutura e función.
Hematopoiese: concepto e significado funcional. Medula ósea e diferenciación das células do sangue.
Tema 18. Introdución ao sistema inmunitario.
Características xerais. Tipos de inmunidade: inmunidade innata e adquirida. Características xerais das células do sistema inmunitario. Anticorpos (inmunoglobulinas). Sistema do complemento. Moléculas do complexo maior de histocompatibilidade. Inmunidade humoral e inmunidade celular.
Tema 19. Tecido muscular I.
Características xerais. Tipos e funcións. Tecido muscular estriado esquelético. Organización. A célula ou fibra muscular esquelética: estrutura xeral e orixe. A miofibrilla estriada. Unión neuromuscular: placa motora. Mecanismo da contracción muscular.
Tema 20. Tecido muscular II.
Músculo estriado cardíaco e músculo liso.
Tecido muscular estriado cardíaco: xeneralidades. Estrutura da célula muscular cardíaca. Discos intercalares. Sistema cardionector. Regulación.
Tecido muscular liso: características xerais. Estrutura da célula muscular lisa. Contracción do músculo liso. Regulación. Organización. Distribución.
Tema 21. Tecido nervioso I.
Características xerais e tipos celulares. Organización. A neurona: estrutura, función e clasificación. Neuroglía: características xerais, clasificación, orixe e función. Neuroglía central: tipos, estrutura e función. Neuroglía periférica: tipos, estrutura e función.
Tema 22. Tecido nervioso II.
Fibras nerviosas e impulso nervioso. Fibras nerviosas: xeneralidades e clasificación. Fibra nerviosa amielínica. Fibra nerviosa mielínica: xeneralidades. Estrutura e formación da vaina de mielina. Nervios periféricos. Xeración e transmisión do impulso nervioso. Sinapse: concepto e tipos. Sinapses eléctricas. Sinapses químicas: estrutura, función e tipos. Neurotransmisores.
Contidos prácticos.
-Preparación de mostras biolóxicas para a súa observación ao microscopio óptico: Obtención de mostras biolóxicas. Fixación. Inclusión en medios non acuosos (inclusión de mostras en parafina). Inclusión en medios acuosos. Seccionado. Tinción e tipos de colorantes. Montaxe e medios de montaxe.
-Tecidos vexetais e organización da folla: Estrutura histolóxica da folla de ximnosperma e anxiosperma-dicotiledónea (en sección transversal). Observación de tricomas ou pelos epidérmicos.
-Tecidos vexetais e organización do talo: Estudo dos tecidos condutores en seccións lonxitudinais de talo de Cucurbita. Estrutura do talo primario de monocotiledónea, Zea mays (en sección transversal). Estrutura do talo secundario de ximnosperma-Pinus (en sección transversal).
-Tecidos vexetais e organización da raíz: Estrutura de raíz primaria de Ranunculus (en sección transversal). Estrutura de raíz primaria de monocotiledónea (en sección transversal).
-Tecido epitelial e tecidos conectivos. Observación e identificación de epitelios de revestimento e glandulares, e de diferentes tecidos conectivos (tecido conxuntivo, adiposo e cartilaxinoso): Estrutura da glándula tiroides (glándula endocrina) de mamífero. Estrutura do páncreas (glándula anficrina) de mamífero. Estrutura de traquea de mamífero.
-Tecido óseo: Estudo da estrutura do óso compacto diafisario (en sección transversal). Estudo do proceso de osificación endocondral (en sección lonxitudinal de óso en desenvolvemento).
-Tecido sanguíneo: Estudo (identificación) dos elementos formes en frotis sanguíneo humano. Observación de fotografías e micrografías electrónicas de eritrocitos, leucocitos e plaquetas.
-Tecido muscular: Observación dos diferentes tipo de tecido muscular. Observación de fotografías e micrografías electrónicas de fibras musculares (estriadas e lisas).
-Tecido nervioso: Observación de neuronas, neuroglía e fibras nerviosas en seccións do sistema nervioso central de vertebrados (en tincións arxénticas e/ou hematoxilina-eosina). Estudo da estrutura e ultraestrutura da neurona, fibras mielínicas e amielínicas mediante fotografías e electromicrografías.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes