Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Histoloxía
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Citoloxía/610G02007

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Bioquímica I/610G02011

Materias que continúan o temario
Organografía microscópica/610G02009
Bioloxía do desenvolvemento/610G02010

Observacións

A brevidade no tempo entraña o perigo de que os alumnos non estean adaptados aínda ao sistema de estudo e traballo propio dos estudos universitarios, e podería levar ao fracaso se o proceso de adaptación e mentalización non se fai convenientemente. Neste sentido, é importante o estudo constante e os repasos periódicos a medida que se avanza nos contidos da materia. Recoméndase ler ou traballar o tema das leccións maxistrais ou sesións en grupo reducido así como tomar notas ou apuntamentos durante as mesmas. Recoméndase aos alumnos que atopen unha especial dificultade no seguimento das clases ou na abordaxe dos temas que integran o programa (tanto teórico como práctico) da materia a asistencia ás titorías individualizadas no horario reservado para iso (ver horario en http://ciencias.udc.es/grao-en-bioloxia).


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes