Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Bioloxía do desenvolvemento
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Bioloxía do desenvolvemento Código 610G02010
Titulación
Grao en Bioloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Coordinación
Yañez Sanchez, Julian
Correo electrónico
julian.yanez@udc.es
Profesorado
Yañez Sanchez, Julian
Correo electrónico
julian.yanez@udc.es
Web
Descrición xeral O desenvolvemento é un proceso fascinante de autoconstrucción (e tamén de autorenovación) de todos os organismos pluricelulares a partir da condición unicelular. A materia é optativa do segundo cuadrimestre do 4º curso (8º semestre) na que se integra información e coñecementos previos tratados en cursos anteriores. Trátase do estudo das bases celulares e mecanismos moleculares implicados nos procesos do desenvolvemento ontoxénico dos seres vivos, en especial dos procesos de diferenciación e morfoxénese, facendo especial referencia ao desenvolvemento durante a embrioxénese dos metazoos.
Plan de continxencia No caso de que as circunstancias limitaran ou impedisen a presencialidade nas dependencias da Facultade, pasaríase a modalidade docente de tipo híbrido ou non presencial respectivamente cos seguintes presupostos 1. Modificacións nos contidos Non se prevén modificacións 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Manteranse as metodoloxías previstas *Metodoloxías docentes que se modifican No caso de se precisaren, adecuaranse as sesións prácticas no laboratorio as condicións existentes e, de ser necesario substituiranse por actividades non presenciáis (videos, estudo de casos prácticos, analise e interpretación de datos, imaxes ou procesos,...) 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Manteránse os medios de atención personalizada pero de xeito virtual (correo electrónico, MS Teams,...) 4. Modificacións na avaliación De se precisaren, utilizaranse medios telemáticos para a avaliación *Observacións de avaliación: Sen comentarios 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía De se precisaren, proporcionaranse os medios ou fontes complementarias de acceso libre
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes