Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Bioquímica I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A8 B2 B3 B7 B8 Avaliación dos coñecementos teóricos (test, definicións, cuestións de relacionar). 40
Solución de problemas B1 B2 B4 B7 Avaliación da resolución de casos prácticos.
40
Prácticas de laboratorio A8 A30 A31 B2 B5 B7 As prácticas de laboratorio considéranse como unha actividade de asistencia OBRIGATORIA para superar a materia.

A avaliación consistirá nunha proba obxectiva na que se formularán casos prácticos concretos, relacionados cos ensaios de Biomoléculas, utilización das distintas técnicas e métodos para cuantificar e identificar estas, así como do manexo dos aparatos empregados durante as distintas prácticas.

Serán avaliados, ademais, a capacidade de representación gráfica de datos, interpretación de resultados, así como a de capacidade de discusión destes, para o cal será condición necesaria o emprego dunha linguaxe científica correcta.
20
 
Observacións avaliación
.-As PRÁCTICAS DE LABORATORIO son obrigatorias. Os alumnos que non realicen a TOTALIDADE das prácticas sin una razón xustificada adecuadamente impide a superación da materia.

OPORTUNIDADE OFICIAL DE XUÑO
A.-Para superar a materia será necesario alcanzar o 45% dos puntos, en cada unha das Partes avaliables: Proba Obxectiva, Solución de Problemas e Prácticas de laboratorio.

B.-MATRÍCULA DE HONRA: Tendrán prioridade para optar a MH aqueles alumnos que se presenten na primeira oportunidade (exame oficial de Xuño).

OPORTUNIDADE OFICIAL DE XULLO
A.-Para superar a materia será necesario alcanzar o 45% dos puntos, en cada unha das Partes avaliables: Proba Obxectiva, Solución de Problemas e Prácticas de laboratorio.

Cualificación Final, nas Actas:
En calquera das 2 Opcións: Xuño ou Xullo, SÓ se sumarán as notas de todas as Partes (PROBA OBXECTIVA/PROBLEMAS/PRÁCTICAS) si todas alcanzan ó 45% do seu valor. Se non se alcanza dito porcentaxe en alguna de ellas, nas Actas só aparecerá a nota de 4.

CONSIDERACIÓN DE NON PRESENTADO (NP):
1ª Oportunidade de Xuño: O alumno que non se presente á proba obxectiva na data oficial.
2ª Oportunidade de Xullo: un NON PRESENTADO será aplicable cando o alumno non se presente a ningún dos exames das Partes avaliables.

Casos excecionais:
Excepcionalmente, no caso de que o estudante, por razóns debidamente xustificadas, non puidera realizar todas as probas de avaliación continua, o Profesor/es adoptará/n as medidas que considere/n oportunas a tal efecto.

.-Para os alumnos con dedicación a tempo parcial ou exención de asistencia, na convocatoria de Xuño e Xullo haberá un exame específico de avaliación global.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes