Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Técnicas en Microbioloxía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A26 A27 B1 B2 B4 B5 B7 B10 B11 C3 Realización e valoración das tarefas encomendadas ao longo dos seminarios. Será obrigatorio por parte dos alumnos presentar, de forma presencial na aula, os resultados que obtiveron na realización das prácticas de laboratorio. 10
Sesión maxistral A1 A14 A15 A21 A25 A29 B12 C6 C8 Avalíase a través da proba mixta. 0
Prácticas de laboratorio A2 A9 A11 A13 A26 A30 A31 B6 Asistencia obrigatoria e avaliación do traballo do alumno durante o desenvolvemento das prácticas.
Na proba mixta tamén se formularán preguntas relacionadas directamente cos aspectos prácticos.
15
Proba mixta B3 B8 C1 Proba escrita acerca dos coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais, as prácticas de laboratorio e os seminarios. 60
Estudo de casos B2 B5 B8 O alumno deberá resolver un suposto caso práctico que se lle formulará. 15
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, en calquera das convocatorias ás que poida presentarse, o alumno deberá ter obtido un 5 sobre 10 en cada unha das partes que compoñan a proba mixta, asistir e realizar todas as tarefas que se consideran obrigatorias e obter nelas unha puntuación mínima de 2 puntos sobre un máximo de 4.

Para computar na cualificación final o valor obtido nos apartados de
seminarios, prácticas ou estudio de casos, o alumno terá que ter
superado a proba mixta. Para que o alumno sexa avaliado, en calquera das convocatorias ás que poida presentarse, é obligatorio a asistencia ás prácticas de laboratorio, polo que a non realización das mesmas impide a presentación á proba mixta así como aos seminarios.  No caso de non superar a materia en primeira opción, na segunda deberá superarse a parte non superada. Se non se realizaron as prácticas, non se superará a materia.

Para que un alumno sexa considerado NON PRESENTADO deberá ter os seguintes requisitos: non ter asistido á metade das sesións de prácticas e, polo tanto, non se presentar á proba mixta.

Se o número de Matrículas de Honra que se poidan conceder se esgota na primeira opción, non poderá concederse ningunha na segunda opción aínda cando se obteña a máxima nota.

No caso de circunstancias excepcionais, obxetivables e axeitadamente xustificadas, o profesor responsable podería eximir total ou parcialmente ao alumno en que concorra dalgunha parte do proceso de avaliación. Dito alumno tería que someterse a unha proba particular que non deixará dúbidas sobre o seu nivel de coñecementos, competencias, habilidades e destrezas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes