Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Microbioloxía e biotecnoloxía ambiental
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 B6 B7 B8 Proba(s) escrita(s) sobre os coñecementos adquiridos nas sesión maxistrais. 60
Sesión maxistral A1 Avalíase pola proba mixta 0
Seminario B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B12 O alumno elaborará de xeito obrigatorio, un traballo baseado na crítica razoada de traballos de investigación que sustenten o plan de traballo que dé resposta ao proxecto plantexado ao inicio dos seminarios. Valorarase a capacidade crítica e de síntese. 15
Prácticas de laboratorio A2 A4 A9 A13 A14 A15 A26 A30 A31 B4 B5 B7 O alumno está obrigado a facer as prácticas no laboratorio nas datas indicadas para o curso. Ademais de unha evaluación continua do alumno, tamén se fará un exame tipo test para avaliar o grao de coñecemento alcanzado. 15
Presentación oral B3 B4 B6 B7 B8 B9 B10 B11 Ao remate dos seminarios e de xeito obrigatorio, o alumno presentará no aula os resultados acadados nas súas pesquisas sobre o proxecto proposto nos seminarios.
Valorarase a fluidez na lenguaxe científica na exposición oral e nas preguntas que se plantexen ao finalizar a exposición.
10
 
Observacións avaliación

É obrigatorio a asistencia as prácticas de laboratorio para poder ser avaliado, e tamén ter entregado e/ou presentado en tempo e forma aquelas tarefas establecidas como obrigatorias xa arriba indicadas. A non realización das prácticas impide a superación da materia, polo que aqueles alumnos que non as realicen non poden presentarse a exame (proba mixta).

Para computar na cualificación final o valor obtido nos apartados de seminarios, prácticas ou presentación oral, o alumno terá que ter superado a proba mixta, correspondente á teoría da materia.
No caso de non superar a materia na primeira opción, na segunda oportunidade deberán ser superadas cada unha das partes non aprobadas.
No caso de circunstancias moi excepcionais, obxetivables e adecuadamente xustificadas, o Profesor Responsable podería eximir total ou parcialmente ao alumno en que concorran dalgún proceso de avaliación. Devandito alumno habería de someterse a un exame particular que non deixará dúbidas sobre o seu nivel de coñecementos, competencias, habilidades e destrezas.
Para que un alumno sexa considerado como NON PRESENTADO non deberá terse presentado á proba mixta.

Baseándose na avaliación continua poderá valorarse especificamente a progresión do alumno ao longo de todo o cuadrimestre cun máximo dun punto.

Se o número de Matrículas de Honra que poden concederse se esgota na primera opción, non se otorgará ningunha na segunda oportunidade, aínda cando se alcance a máxima puntuación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes