Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Xenética
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta B1 B2 B3 B8 B9 C.- Na proba mixta valorarase o dominio e comprensión de conceptos teóricos, claridade expositiva, capacidade de relacionar e integrar a información xenética tratada nas clases de teoría e seminarios, e capacidade de resolver cuestións e problemas.

60
Prácticas de laboratorio A2 A4 A11 A12 A26 A30 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B.- O coñecemento e comprensión sobre o significado das tarefas realizadas e a interpretación dos resultados obtidos hanse valorar mediante unha proba escrita. PARA SUPERAR A MATERIA É OBRIGATORIO ASISTIR ÁS PRÁCTICAS E APROBAR O EXAME CORRESPONDENTE.

15
Traballos tutelados A1 A12 A26 A29 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 A.- Valorarase o grao de comprensión do tema tratado, a capacidade de análise e síntese, a bibliografía consultada e a claridade da exposición, redacción e ortografía. No caso de boletíns de cuestións e problemas valorarase a capacidade de razoamento e de achegar solucións. Non será indispensable aprobar os traballos tutelados para aprobar o conxunto da materia.

25
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia cómpre acadar o 50% da puntuación correspondente ao apartado B e o 50% da puntuación correspondente ao apartado C.

Considerarase NON PRESENTADO cando o alumno non realice NINGUNHA das actividades avaliables.

No caso de que a suma total das cualificacións fose igual ou superior a
5.0, pero a parcial de contidos teóricos ou prácticos non superara a
nota mínima esixida, a cualificación final corresponderá á obtida na
proba non superada, ou á media de ambas no caso de seren as dúas.

No caso de situacións excepcionais debidamente
justificadas poderán adoptarse medidas adicionais para que o estudante poida
superar a materia tales como flexibilidade no prazo de entrega de traballos
tutelados, flexibilidade no horario de prácticas ou realización dunha proba
global de avaliación dos resultados da aprendizaxe.

Os estudantes con adicación a tempo parcial oficialmente recoñecida,
poderán realizar as actividades propostas nos seminarios vía on-line e,
mediante as titorías (presenciais ou on-line), solucionar as cuestións
que poidan xurdir. No caso de estudantes que participen en modalidades
específicas de aprendizaxe e apoio á diversidade o profesorado adaptará
as actividades de avaliación contínua e obrigatorias para que o
estudante poida optar a superar a materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes