Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Xenética molecular
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A5 A11 A12 A15 A29 B1 B2 B3 B5 B7 Valorarase a achega de respostas correctas, a claridade das explicacións e as fontes documentais utilizadas. Os cuestionarios representan o 15% da cualificación final e o suposto práctico o 10%. A cualificación depende do traballo en grupo (50%) e individual (50%).
25
Proba mixta A5 A11 A12 A15 A29 B1 B2 B3 B7 Valorarase o grao de coñecemento e comprensión xeral da materia.
Consta de dúas partes.
Unha relacionada cos contidos teóricos que representa o 65% da cualificación final.
Outra relacionada coas prácticas que representa o 10% da cualificación final.
75
 
Observacións avaliación

Para superar a materia debe acadarse polo menos un 5 e ter en cada parte da proba mixta polo menos un 4. Se a cualificación resultante da suma de todas as actividades avaliables fose superior a 5 pero nunha das partes da proba mixta se obtivese menos de 4, a cualificación sería 4,9 (suspenso).

Considérase Non Presentado (NP) cando o alumno non se presente á proba do período oficial de avaliación.

As matrículas de honra concédense preferentemente entre os alumnos que acaden a cualificación igual ou superior a 9 na primeira oportunidade da convocatoria (xaneiro).

Realizarase un exame parcial que en caso de aprobarse non terá que repetirse nas oportunidades de xaneiro e xullo.

Na segunda oportunidade (xullo), realizarase unicamente a proba mixta, as cualificación obtidas nos traballos tutelados mantéñense da primeira oportunidade.

No caso de situacións excepcionais debidamente justificadas poderán adoptarse medidas adicionais para que o estudante poida superar a materia tales como flexibilidade no prazo de entrega de traballos tutelados, flexibilidade no horario de prácticas ou realización dunha proba global de avaliación dos resultados da aprendizaxe.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes