Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Xenética molecular
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A5 A11 A12 A15 A29 B1 B2 B3 B5 B7 Valorarase a achega de respostas correctas, a claridade dás explicacións, a presentación e a argumentación realizada. O suposto práctico representa o 20% da cualificación final e avaliarase a nivel de grupo polo documento entregado (10%) e a nivel individual (10%). Os cuestionarios representan o 10% da cualificación final e avaliaranse a nivel individual. As avaliacións individuais realizaranse mediante unha proba de resposta breve (frase, palabra, cifra ou símbolo) presencial ou implementada en Moodle. 30
Proba mixta A5 A11 A12 A15 A29 B1 B2 B3 B7 Valorarase o grao de coñecemento e comprensión xeral da materia.
Consta de dúas probas.
Unha relacionada cos contidos teóricos que representa o 60% da cualificación final.
Outra relacionada coas prácticas que representa o 10% da cualificación final.
70
 
Observacións avaliación

Para superar a materia debe acadarse polo menos un 5 e ter nas probas de teoría, prácticas de laboratorio e suposto práctico (cada unha delas) polo menos un 4. Se a cualificación resultante da suma de todas as actividades avaliables fose superior a 5, pero nalgunha proba se obtivese menos de 4, a cualificación sería 4,9 (suspenso).

Considérase Non Presentado (NP) cando o alumno non se presente á proba do período oficial de avaliación.

As matrículas de honra concédense preferentemente entre os alumnos que acaden a cualificación igual ou superior a 9 na primeira oportunidade da convocatoria (xaneiro).

Realizarase un exame parcial e no caso de ter unha cualificación superior a 4 non terá que repetirse nas oportunidades de xaneiro e xullo.

Na segunda oportunidade (xullo) realizaranse unicamente probas sobre teoría, prácticas de laboratorio e suposto práctico. As cualificacions obtidas nos cuestionarios e no documento entregado por grupo (suposto práctico) mantéñense da primeira oportunidade.

No caso de situacións excepcionais debidamente justificadas poderán adoptarse medidas adicionais para que o estudante poida superar a materia tales como flexibilidade no prazo de entrega de traballos tutelados, flexibilidade no horario de prácticas ou realización dunha proba global de avaliación dos resultados da aprendizaxe.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes