Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Xenética de poboacións e evolución
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida B1 B2 B3 B7 O alumnado realizará unha proba mixta (test + problemas) sobre os contidos tratados nos catro seminarios anteriores. 15
Prácticas a través de TIC A7 A21 B2 B4 Realización de varios exercicios de xenética evolutiva cun ordenador persoal, empregando os programas informáticos utilizados nas prácticas. É imprescindible obter acumulativamente polo menos 15 puntos nesta proba, que se realizará ao final das sesións prácticas, para aprobar a materia.
Nesta actividade avaliarase a adquisición das competencias A7, A21, A24 e A27.
25
Proba obxectiva A7 A12 A18 A21 A24 B1 B2 Conxunto de preguntas de distinto tipo (alternativa múltiple, resposta breve, completar, asociación, etc) relacionadas con calquera dos contidos do temario.
A proba desenvólvese en dúas fases. A primeira delas non é presencial, e consiste en unha serie de cuestionarios na plataforma Moodle, aos que se debe dar resposta en datas e horas prefixadas ao longo do curso. A contribución desta fase á proba é de un máximo de 25 puntos. A segunda fase é un exame presencial con preguntas test de alternativa múltiple, e correspondese co exame oficial da materia. A contribución acumulada das dúas fases á nota final da materia é de un máximo de 60 puntos. É imprescindible obter polo menos 35 puntos nesta proba para aprobar a materia.
Nesta actividade avaliarase a adquisición das competencias A7, A12, A18, A21, A24 e A27.
60
 
Observacións avaliación

Consideraranse PRESENTADOS nas actas da materia todos aqueles alumnos que se presenten ao exame práctico ou á segunda fase da proba obxectiva (exame oficial da materia).

A nota final en actas dos alumnos que non acadaran nas prácticas ou na proba obxectiva a nota mínima  para aprobar a materia, pero cuxa puntuación acumulativa fose superior a 50, será un 4.9 (SUSPENSO).

Na segunda oportunidade utilizarase a mesma metodoloxía de avaliación que na primeira.

No caso de que algún estudante, por razóns debidamente xustificadas, non puidera realizar todas as probas de avaliación continua, o profesorado da materia adoptará as medidas correctoras que considere oportunas para garantir a igualdade de oportunidades.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes