Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Intrudución á Botánica: Botánica xeral
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A1 A7 B1 Avaliarase o traballo realizado polo alumno nas sesións interactivas así como a súa actitude e participación nas mesmos.
5
Prácticas de laboratorio A30 A31 Avaliarase o cuestionario que o alumno deberá completar sobre os contidos das prácticas.
15
Estudo de casos A2 A4 A22 A32 B1 B6 B8 B12 Avaliarase a calidade e presentación do material de herbario das 12 especies entregadas.
15
Sesión maxistral A1 A7 A19 A29 B1 B6 B8 B12 Avaliarase mediante unha proba obxectiva escrita que incluirá preguntas tipo test, definicións, preguntas curtas e temas a desenvolver.
65
 
Observacións avaliación

Para poder superar a materia na primeira oportunidade será necesario ter unha participación da menos un 70% das actividades avaliables programadas. Igualmente o alumno deberá obter polo menos a cualificación de 4,5 sobre 10 puntos na teoría (proba obxectiva escrita e seminarios), e 4 sobre 10 na parte práctica, no que puntúa a 50% o estudo de casos e o cuestinario de prácticas. 

Para poder superar a materia na segunda oportunidade (xullo), o alumno, en función do resultado da súa primeira avaliación, deberá realizar unha proba obxectiva escrita e superar a avaliación da parte práctica. A necesidade de realizar unha ou ambas as probas de recuperación indicarase nas cualificacións da primeira oportunidade. 

As cualificacións obtidas nas actividades avaliables serán conservadas só durante o correspondente curso académico salvo a parte práctica. Para obter a cualificación de "non presentado" o alumno non poderá participar en máis dun 30% das actividades avaliables programadas. No caso dos estudantes con dedicación a tempo parcial ou de modalidades específicas de aprendizaxe e apoio á diversidade, a avaliación das probas obxectivas será a mesma, e a avaliación contínua da participación poderá sustituirse por un traballo individual proposto polo profesor e avaliado en titorías. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes