Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Botánica sistemática: Criptogamia
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Botánica sistemática: Criptogamia Código 610G02024
Titulación
Grao en Bioloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Coordinación
Peña Freire, Viviana
Correo electrónico
v.pena@udc.es
Profesorado
Barbara Criado, Ignacio Manuel
Leira Campos, Antón Manoel
Peña Freire, Viviana
Pimentel Pereira, Manuel
Correo electrónico
ignacio.barbara@udc.es
m.leira@udc.es
v.pena@udc.es
m.pimentel@udc.es
Web
Descrición xeral Botánica sistemática: Criptogamia. Ciencia que estuda os fungos, algas, briófitos e pteridófitos nun contexto evolutivo e atendendo a unha clasificación filoxenética. Integra información doutras materias (fisioloxía, anatomía e histoloxía vexetal, bioquímica, xenética, ecoloxía, etc) e capacita ó estudante para traballar en diferentes ámbitos: como investigador, docente, en asesoría ambiental, agronomía e etnobotánica.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Sesión maxistral (computa na avaliación). - Seminarios (computa na avaliación). -Prácticas de laboratorio (computa na avaliación). -Prácticas de Saída de campo (computa na avaliación). -Atención personalizada. *Metodoloxías docentes que se modifican -Sesión maxistral: pasarán a modo presencial online (ferramenta Teams). -Seminarios: pasarán a modo presencial online (ferramenta Teams) - Prácticas de laboratorio: pasarán a modo virtual proporcionando aos alumnos material online. -Estudo de Casos: quedan suspendidos e a porcentaxe de avaliación correspondente transfírese á proba obxectiva escrita. -Prácticas de Saída de campo: Non se realizarán estas actividades en modo presencial, sustituíndose por exercicios virtuais. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado -Ferramenta Teams: Temporalización: -Sesións semanais na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade para as sesións maxistrais. -Atención e resposta ás cuestións formuladas polos alumnos no Equipo Teams da materia (vídeo, audio ou chat); tamén baixo demanda do profesorado. -Ferramenta Moodle Temporalización: - Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. - Repositorio de documentos e axuda na docencia, tamén para notificacións e comunicacións cos alumnos mediante o “Foro”. -Correo electrónico: Temporalización: - Diariamente. -Atención e resposta ás cuestións remitidas polos alumnos a través do e-mail. -Teléfono Temporalización: Atención personalizada bidireccional requirida por ambos participantes 4. Modificacións na avaliación -Metodoloxía: Seminario Peso na cualificación: 10% Descrición: Avaliarase o traballo levado a cabo polo estudante en cada seminario, así como a súa actitude e participación nos mesmos. As sesións de videoconferencia realizaranse por Teams e serán gravadas. -Metodoloxía: Sesión maxistral Peso na cualificación: 60% Descrición: Cualificarase mediante unha proba obxectiva composta por cuestionarios en Moodle e un exame individual manuscrito (con entrega arquivo foto ou escaneo). A proba realizarase en sala de videoconferencia gravada en Teams. Porén, se durante a elaboración das cualificacións, os docentes detectan algunha irregularidade que poña en cuestión os coñecementos expostos polo alumno durante a realización da proba, procederase a contactar co alumno para a súa verificación mediante unha proba oral (videoconferencia individual Teams). -Metodoloxía: Prácticas de laboratorio Peso na cualificación: 20% Descrición: Cualificarase o contido, calidade e presentación dos informes de prácticas que serán remitidos en arquivo pdf. -Metodoloxía: Estudo de casos Peso na cualificación: Anulado (a porcentaxe pasa á sesión maxistral) Descrición: non aplica -Metodoloxía: Prácticas de Saída de campo Peso na cualificación: 10% Descrición: Cualificarase o contido, calidade e presentación dos informes destas prácticas que serán remitidos en arquivo pdf *Observacións de avaliación: O indicado na guía docente ordinaria segue a ser válido. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes