Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Botánica sistemática: Fanerogamia
   Contidos
Temas Subtemas
Bloque I (Clases Maxistrais): Evolución Vexetal Tema 1 - Ciclos biolóxicos dixenéticos na linaxe verde. Dos musgos ás plantas con semente.
Tema 2 - O megaesporanxio, o primordio seminal e a semente. Homoloxías entre os ciclos vitais.
Tema 3 - Grupos taxonómicos principais nas plantas terrestres de ciclo dixenético. O concepto de especie nas plantas. Taxonomía morfolóxica e filoxenia.
Tema 4 - Paleoecoloxía das primeiras plantas terrestres. O xacemento de Rhynie e o bosque de Gilboa. Transicións da flora no Paleozoico, Mesozoico e Cenozoico.
Tema 5 – Innovacións biolóxicas nas ximnospermas e anxiospermas. Bases da diversidade das plantas con semente.
Tema 6 - Mecanismos de evolución vexetal. Evolución reticulada. Reprodución asexual, hibridación e poliploidización. Autopolinización e evolución críptica.
Bloque II (Clases Maxistrais):Polinización e dispersión Tema 7 – Polinización. Mutualismo e parasitismo na polinización. Sistemas de polinización e diversidade.
Tema 8 – As Ximnospermas e a súa polinización. Adaptacións á anemofilia e excepcións. Diversidade de ximnospermas.
Tema 9 – As anxiospermas e a súa polinización. Anxiospermas con anemofilia total e parcial. Salicaceae, Fagaceae e Betulaceae.
Tema 10 – A zoofilia en anxiospermas. Exemplos de adaptación á zoofilia entre as anxiospermas de especial relevancia no NW Ibérico. Asteraceae, Ericaceae, Fabaceae e Lamiaceae.
Tema 11 – Outras formas de dispersión do pole. As anxiospermas mariñas.
Bloque III (Clases Maxistrais): A agricultura Tema 12 – Agricultura: cultivo e domesticación. O síndrome de domesticación. Colos de botella, selección, hibridación e poliploidización.
Tema 13 – As gramíneas e os seus procesos de domesticación. A domesticación noutras familias de importancia económica: Rosaceae, Solanaceae, Brassicaceae e Apiaceae.
Bloque IV (Clases Maxistrais): Bioxeografía Tema 14 – Reinos Florísticos. Fitocoroloxía: áreas de distribución. Vexetación potencial e series de vexetación. Plantas endémicas, raras, ameazadas e invasoras.
Seminarios de 2 horas: Seminario 1: Ximnospermas: análise comparada dos seus ciclos de vida. Conceptos básicos na sistemática das Ximnospermas. Realizarase un cuestionario sobre as características e a diversidade das ximnospermas.
Seminario 2: Anxiospermas: estudo do seu ciclo de vida. Análise comparada dos ciclos de vida das anxiospermas, ximnospermas e fieitos heterospóreos. Realizarase un cuestionario sobre os ciclos de vida dos distintos grupos.
Seminario 3: Anxiospermas. Análise comparada entre as familias máis importantes nas comunidades herbáceas, de matogueira e bosque do NW da Península Ibérica.
Seminario 4: Anxiospermas. Análise comparada entre as familias de importancia económica e as que presentan adaptacions especiais as condiciones ambientales nas que se desenvolven. Revisión dos conceptos básicos de Bioxeografía e Conservación Vexetal
Práctica de campo Toma de contacto coa diversidade das plantas con semente en Galicia. Analizarase a diversidade vexetal de distintos medios de alto interese polo seu grao de endemicidade, rareza, etc.
Prácticas de laboratorio Práctica 1. Análise filoxenética. Construcción dunha filoxenia para algunhas especies silvestres e cultivadas das Triticeas (Poaceae).
Práctica 2: Diversidade de Ximnospermas. Identificación, estrutura e análise comparativo dos estróbilos femininos nas Subclases Ginkgoidae e Pinidae.
Práctica 3: Clasificación dos froitos. Inflorescencias, flores e froitos.
Práctica 4: Diversidade de Anxiospermas I. Árbores forestais. Familias Fagaceae, Betulaceae, Salicaceae, Oleaceae e Adoxaceae/Caprifoliaceae. Identificación, estrutura e análise de polinización/dispersión.
Práctica 5: Diversidade de Anxiospermas II. Matogueiras. Familias Fabaceae, Ericaceae, Cistaceae, Rosaceae e Lamiaceae. Identificación, estrutura e análise de polinización/dispersión.
Práctica 6: Diversidade de Anxiospermas III. Plantas herbáceas (Rosidae, eu-dicots). Familias Apiaceae, Caryophyllaceae, Asteraceae, Euphorbiaceae e Primulaceae. Identificación, estrutura e análise de polinización/dispersión.
Práctica 7: Diversidade de Anxiospermas IV. Plantas herbáceas (Lilianae, monocots). Familias Asphodelaceae, Poaceae, Juncaceae, Alliaceae e Iridaceae. Identificación, estrutura e análise de polinización/dispersión.
Aprendizaxe-servizo Os estudantes terán a posibilidade de formarse traballando en colaboración con organizacións non gubernamentais en tarefas relacionadas co coñecemento e conservación da flora. Esta actividade configúrase como alternativa á realización dos casos prácticos.
Casos prácticos Realizaranse dous casos prácticos nos que se profundizará no estudo das características morfolóxicas, biolóxicas e xenéticas dos espermatófitos, con especial atención ó coñecemento da diversidade vexetal no NW peninsular. Esta actividade configúrase como alternativa á realización da actividade de aprendizaxe-servizo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes