Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Botánica sistemática: Fanerogamia
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A2 A4 A6 A9 A11 A30 A31 B1 B3 B5 Os estudantes realizarán un cuestionario por cada unha das sesións de laboratorio que será avaliado. Unha vez rematadas as prácticas, realizarase un exame de visu no que cada estudante deberá recoñecer 10 especies (15 na oportunidade de xullo) dunha lista entre as que están algunhas das máis representativas do NW da Península Ibérica. A lista se lles entregará os alumnos ó principio do curso.

15
Saídas de campo A1 A2 A9 A19 A20 A23 A32 B1 B2 Valorarase asistencia e participación

1
Seminario A7 A9 B1 B2 B3 B8 B9 B10 Valorarase asistencia e participación

1
Estudo de casos A22 A23 A26 A27 A29 A32 B3 B8 Valorarase a calidade, orixinalidade e presentación do estudo de casos realizado (filoxenético e florístico). Esta actividade organízase como alternativa á de realización de traballos tutelados (aprendizaxe-servizo). A nota correspondente será a suma das asignadas a cada actividade (aprendizaxe-servizo e estudo de casos), un 34% da nota final.

17
Sesión maxistral A1 A7 A11 A19 B1 B2 B3 B8 B9 B10 Os estudantes realizarán una proba escrita para valorar os coñecementos adquiridos. Esta proba incluirá preguntas test, preguntas curtas e preguntas tema.

49
Traballos tutelados A22 A23 A26 A27 A29 A32 B3 B8 O alumno poderá optar entre a realización desta actividade de traballos tutelados (aprendizaxe-servizo) a o estudo de casos descrito a continuación. A nota correspondente será a suma das asignadas a cada actividade, un 34% da nota final. As actividades de aprendizaxe-servizo avaliaranse segundo a calidade dos informes entregados e tras escoitar a valoración realizada polas organizacións colaboradoras.

17
 
Observacións avaliación

Todos os estudantes terán dúas oportunidades para superar o curso. Na primeira oportunidade, os estudantes precisarán ter participado en alomenos o 70% das actividades avaliables. Asemade, os estudantes precisarán obter alomenos un 4.0 no exame escrito, nas prácticas (incluido o visu), na aprendizaxe-servizo ou no estudo de casos para que as notas destas partes se consideren para a nota final (e para que se poida aprobar a materia). A nota media para superar a materia debe ser un 5.0. Para que figure non presentado na nota, os alumnos non poderán participar en actividades do curso que supoñan máis dun 30% da cualificación.

Na segunda oportunidade os estudantes deberán mellorar as notas obtidas nas distintas partes para chegar a unha nota media de 5 e superar a materia. Aquelas actividades que teñan sido avaliadas con menos de 4.0 deberán repetirse en todos os casos. Nesta segunda oportunidade o exame de visu incluirá 15 plantas da lista.

Os estudantes con dispensa académica oficialmente recoñecida, poderán realizar as actividades propostas nos seminarios vía on-line e, mediante as titorías (presenciais ou on-line), solucionar as cuestións que poidan xurdir. No caso de estudantes que participen en modalidades específicas de aprendizaxe e apoio á diversidade o profesorado adaptará as actividades de avaliación contínua e obrigatorias para que o estudante poida optar a superar a materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes