Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Xeografía botánica: Xeobotánica
   Contidos
Temas Subtemas
Teoría: Introdución 1. Concepto de Xeobotánica. Relación con outras ciencias.
Teoría: Fitocoroloxía e Fitocenoloxía 2. As áreas de distribución fitoxeográfica. Tipoloxía das áreas. Cosmopolitismo. Endemismos. Vías migratorias e elementos relictos. Tipoloxía corolóxica. Introdución ós métodos moleculares de estudo da coroloxía dos vexetales.
3. Os territorios bioxeográficos. Tipoloxía da fitocenose terrestre. Os grandes reinos florísticos da Terra. O Reino Holárctico. Delimitación e caracterización bioclimática. Unidades bioxeográficas do Atlántico norte. Delimitación e caracterización oceanográfica.
4. Estrutura da vexetación. Estrutura física. Estrutura vertical e horizontal. Estrutura biolóxica. Dinámica da vexetación. Concepto de sucesión vexetal e serie de vexetación. Vexetación potencial (climax). Degradación e sucesión secundaria. Tipos de series. Series progresivas e regresivas.
5. Métodos de estudio y clasificación de la vegetación. Antecedentes históricos. Método estructural fisionómico. Método sigmatista.
Teoría: Sinopse da Vexetación Terrestre 6. O Reino Holárctico. Principais tipos de vexetación das rexións Eurosiberiana, Mediterránea e Macaronésica.
7. A vexetación da Península Ibérica. Rexión Eurosiberiana. Provincias corolóxicas. Delimitación e caracterización climática. Características florísticas e vexetacionais. Rexión Mediterránea. Provincias corolóxicas. Delimitación e caracterización climática. Características florísticas e vexetacionais.
8. A vexetación de Galicia. Caracteres xerais. Os Bosques. Características e tipología fitosociolóxica. Clase Pino-Juniperetea. Clase Querco-Fagetea. Clase Quercetea ilicis.
9. Retamares e Matogueiras. Características e tipoloxía fitisociolóxica. Clase Cytisetea scopario-striatii. Clase Calluno-Ulicetea e Clase Cisto-Lavanduletea.
10. Outros tipos de vexetación. Vexetación litoral. Vexetación higrófila e hidrófila. Vexetación rupícola. Vexetación ruderal e arvense. Características xerais y principais tipos.
Teoría: Introdución ó estudo da Vexetación Mariña 11. Medio mariño. Introdución, caracteres xerais e diferenzas co medio continental. División do medio mariño. Clasificación dos factores ecolóxicos influentes na distribución do fitobentos mariño. Factores físicos, químicos e biolóxicos.
12. Ecoloxía do fitobentos. Tipos biolóxicos, ciclos vitais e adaptacións ás condicións do medio. Características xerais das comunidades fitobentónicas.
13. Distribución dos organismos mariños. Distribución vertical ou zonación. Distribución horizontal ou xeográfica. Distribución temporal ou sucesión.
14. Vexetación bentónica mariña no Atlántico Norte e Mediterráneo. Vexetación bentónica mariña de Galicia. Tipos de costa e principais unidades de vexetación.
Seminarios - Introdución ós métodos de análise dos inventarios florísticos.
- Ordeación e clasificación de inventarios florísticos de comunidades terrestres e mariñas.
- Análise da estrutura física, espectro biolóxico e compoñente corolóxica de distintas agrupaciones vexetais terrestres e mariñas.
- Metodoloxía de estudo da fenoloxía das plantas
Prácticas - Saídas ó campo para o recoñecemento e estudo in situ de comunidades vexetais terrestres e mariñas.
- Traballo de laboratorio na identificación do material recolectado nos inventarios realizados.
Estudo de casos -Estudo integral da flora e vexetación dun territorio previamente seleccionado.
-Estudo da fenoloxía de plantas selectas do Monte da Fraga
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes